Novas por contido

O luns 30 de outubro houbo Mesa Sectorial de Funcionarios para negociar as bases da convocatoria do concurso-oposición de axentes técnicos ambientais.

Destacamos:

• Recolleron moitas alegacións como valorar o tempo traballado en C2 e C1, pero quedan cousas sen resolver polo que teremos unha nova reunión e o período de alegacións é ata o xoves 2 ás 14:00 horas.
• Van sumar a esta convocatoria ás 40 prazas que van propostas para a OEP 2023, chegando a un total de 96 prazas.
• Solicitamos que valoren aumentar a fase de concurso nas prazas de estabilización chegando a 60-40 na vez dos 80-20 actuais xa que se negaron a meter as prazas a estabilizar a través da DA 8ª da lei 20/2021.
• A Dirección Xeral de Función Pública di que o asunto do grupo B “agora non toca”. E aínda que se convocan ao B se fai rebaixando ao C1. A partir de aquí xorden varias incongruencias difíciles de respostar, como quen se pode presentar a promoción interna?
E as persoas que agora aproben vanse ter que volver presentar a outro proceso cando se active o B?
Solicitamos ordenar todo e xa de paso que introduzan na oferta de 2023 a promoción interna separada comprometida no Acordo de 2016.

Tamén nos anuncia un concurso de traslados de axentes para xa. Irá coas bases xerais que se están negociando e de forma separada ao de corpos especiais tradicionais.

Outras novas recentes

Venres, 13 Novembro 2026

Promoción interna corpos xerais; funcionarización en excedencia (para CP 17/11/26)

A directora xeral de Emprego Público e Administración de Persoal convocounos a unha xuntanza da Comisión de Persoal que será o martes 17 de  novembro, coa seguinte Orde do día: Convocatoria do proceso de funcionarización para o persoal laboral fixo que está na situación de excedencia. Descargar Convocatoria de promoción interna ao corpo superior-A1. Descargar Convocatoria...
Venres, 13 Novembro 2026

Promoción interna de corpos xerais; funcionarización en excedencia; finanzas-veterinarios/as-agacal-gain-intecmar (MSF e MX 10/11/26)

O martes 10, véspera da Folga Xeral, asistimos á Mesa Xeral e Mesa Sectorial de Persoal Funcionario, nas que se trataron as convocatorias de promoción interna a corpos xerais e dos procesos de funcionarización de persoal laboral fixo que está en excedencia. Na rolda aberta de intervencións a DXEP deu información da escala de finanzas, da repesca de funcionarización de...
Luns, 09 Novembro 2026

A CIG convoca 17 mobilizacións por todo o país na xornada de folga xeral do 11N

A central nacionalista empraza a clase traballadora galega a visibilizar a parálise da actividade económica e laboral da xornada de 24 horas asistindo masivamente ás marchas A CIG anunciou a convocatoria dun total de 17 mobilizacións por todo o país durante a xornada de folga xeral prevista para o vindeiro 11 de novembro baixo o lema 'Galiza en loita por unha vida digna'...