Novas por contido

As convocatorias foron aprobadas co voto en contra de CIG, CSIF e UGT, e a abstención de CCOO, agás a de Axentes técnicos en xestión ambiental, que quedou aprobada coa abstención de CIG e UGT, a voto a favor de CCOO e en contra de CSIF.

 

  • B-Delineantes: 9 prazas (3 promoción interna) da OEP-2020. Descargar
  • C1-Análises de laboratorio: 12 prazas (3 promoción interna) da OEP 2020. Descargar
  • C1-Mantemento de servizos: 17 prazas (5 de promoción interna) da OEP 2020. Descargar
  • C1-Recursos naturais e forestais, esp. capataz: 7 prazas (2 de promoción interna) da OEP 2020. Descargar
  • C2-Arquivos e bibliotecas: 15 prazas (4 de promoción interna) da OEP 2020. Descargar
  • C2-Recursos naturais e forestais, esp. oficial: 16 prazas (4 de promoción interna) da OEP 2020. Descargar
  • AP-Limpeza e cociña: 117 prazas da OEP 2020 e 2022. Descargar
  • AP-Recursos naturais e forestais: 42 prazas da OEP 2020, 21 e 22. Descargar
  • B-Axentes ambientais: 96 prazas (24 promoción interna) da OEP-2020, 22 e 23). Descargar

 

En todos estes procesos, agás axentes ambientais, votamos en contra por:

  • Non son concurso-oposición.

  • Negáronse a acumular 10 prazas da OEP-2021 en C2-Recursos naturais e forestais (oficial)

  • Nos exercicios que teñen dúas partes, rexeitamos que poñan nota de corte en cada unha das partes. Facendo así, en realidade son dous exercicios.

  • A promoción interna é insuficiente. A CIG defende que vaia separada do acceso libre, co 50% da oferta, e permitindo a promoción vertical e horizontal reciprocamente en todos os casos.

  • E queremos que convoquen os concursos de traslados en todas as escalas para así poder dar un destino definitivo

En canto a Axentes ambientais, grupo B, abstivémonos porque:

  • Aceptaron a valoración de experiencia profesional como C1 e C2 de axentes.

  • Aumentaron o número de prazas acumulando as 40 prazas da OEP-2023, pero non abondan para as 130 vacantes que existen.

  • Actualizaron o temario

  • É concurso-oposición, pero o 20/80 é insuficiente

  • Non cumpren o que pactamos no ano 2016 que prevía que habería promoción interna separada do acceso libre.

Outras novas recentes

Luns, 09 Novembro 2026

Dúbidas ante a folga xeral do 11 de novembro

Respostas ás preguntas máis frecuentes para que todas as persoas traballadoras poida facer valer os seus dereitos Desde a CIG tentamos responder ás principais dúbidas que xiran arredor da convocatoria de Folga Xeral do vindeiro 11 de Novembro para que todas as persoas traballadoras do país poidan facer valer os seus dereitos e secundar a mobilización con liberdade. 1. Cal...
Venres, 13 Novembro 2026

Promoción interna de corpos xerais; funcionarización en excedencia; finanzas-veterinarios/as-agacal-gain-intecmar (MSF e MX 10/11/26)

O martes 10, véspera da Folga Xeral, asistimos á Mesa Xeral e Mesa Sectorial de Persoal Funcionario, nas que se trataron as convocatorias de promoción interna a corpos xerais e dos procesos de funcionarización de persoal laboral fixo que está en excedencia. Na rolda aberta de intervencións a DXEP deu información da escala de finanzas, da repesca de funcionarización de...
Venres, 13 Novembro 2026

Promoción interna corpos xerais; funcionarización en excedencia (para CP 17/11/26)

A directora xeral de Emprego Público e Administración de Persoal convocounos a unha xuntanza da Comisión de Persoal que será o martes 17 de  novembro, coa seguinte Orde do día: Convocatoria do proceso de funcionarización para o persoal laboral fixo que está na situación de excedencia. Descargar Convocatoria de promoción interna ao corpo superior-A1. Descargar Convocatoria...