Novas por contido

Delegados e delegadas da CIG do persoal funcionario e laboral da Xunta acompañados por traballadores e traballadoras demandamos o mércores 15 de novembro, nunha concentración diante do edificio administrativo de San Caetano, a implantación da xornada laboral de 35 horas, os concursos de traslados permanentes e a promoción interna.

Xornada de 35 horas

Na administración xeral da Xunta de Galiza levamos dende o século pasado cunha xornada de 7,5 horas diarias e a administración pública galega, que debería ser quen articulara as medidas necesarias para reducir a xornada e que despois se implante no sector privado, nin sequera é capaz de dar un paso nese senso.

Mentres tanto noutras administracións públicas, mesmo con gobernos do PP como o de Murcia, púxose en marcha a xornada de 35 horas en administracións locais e demais mentres na Galiza non dan un paso cara iso. Na administración galega temos un problema de presentismo, de ver ao persoal sentado diante dun ordenador e de primar o de estar, non o de facer porque é o modelo que o propio Director Xeral representa.

Concursos de traslados

Canto aos concursos de traslados, na CIG Autonómica levamos anos demandando que sexan, como se viña establecendo até o de agora, como mínimo anuais, cando non permanentes. Fronte a isto, temos concursos de traslados, como o de persoal laboral sen convocar desde hai 11 anos; de determinados corpos e escalas da administración especial desde hai 7 e 8 anos e mesmo de administración xeral desde hai 5 anos, cando a periodicidade debería ser anual.

Resulta vergoñento que fronte a esa parálise, noutras administracións dentro da propia Xunta, como no caso da administración educativa, teñen ata dous concursos anuais.

Promoción interna

Función Pública está evitando nutrir os postos de traballo da propia Xunta con recursos propios e prefire recrutar efectivos externamente a facelo co persoal propio que teña a titulación e as capacidades requiridas.

Levamos retraso coas promocións internas, e as que se convocan son auténticas carreiras de obstáculos, porque poder subir por promoción interna, dun subgrupo para o seguinte convírtese nunha auténtica odisea.

Avances grazas á mobilización

A mobilización é o camiño e quedou demostrado. O feito de a CIG promover mobilizacións e convocar asembleas en Vigo, Pontevedra, Servizos Centrais (San Lázaro e San Caetano), Ourense e demais, xa valeu para que Función Pública tivese que enviarnos borradores da promoción interna, porque era moi escandaloso. Unha resposta por parte da administración que demostra que mobilizarse é un instrumento válido. Por iso dende a CIG seguiremos coas mobilizacións e chamando ao persoal a que adopte as medidas necesarias para conseguir os cambios necesarios.

Outras novas recentes

Luns, 09 Novembro 2026

A CIG convoca 17 mobilizacións por todo o país na xornada de folga xeral do 11N

A central nacionalista empraza a clase traballadora galega a visibilizar a parálise da actividade económica e laboral da xornada de 24 horas asistindo masivamente ás marchas A CIG anunciou a convocatoria dun total de 17 mobilizacións por todo o país durante a xornada de folga xeral prevista para o vindeiro 11 de novembro baixo o lema 'Galiza en loita por unha vida digna'...
Luns, 09 Novembro 2026

Dúbidas ante a folga xeral do 11 de novembro

Respostas ás preguntas máis frecuentes para que todas as persoas traballadoras poida facer valer os seus dereitos Desde a CIG tentamos responder ás principais dúbidas que xiran arredor da convocatoria de Folga Xeral do vindeiro 11 de Novembro para que todas as persoas traballadoras do país poidan facer valer os seus dereitos e secundar a mobilización con liberdade. 1. Cal...
Xoves, 05 Novembro 2026

Seaga paraliza o seu primeiro plan de igualdade após tentar aprobalo sen negociación efectiva

A sociedade mercantil pública autonómica cancelou dúas reunións consecutivas e deixou a negociación sen nova data. A CIG Administración Autonómica exixe retomar de inmediato os traballos, completar a diagnose e acordar medidas reais para o persoal. A CIG, sindicato maioritario nos comités de empresa da Coruña, Lugo e Ourense, denuncia as actuación da Empresa Pública de...