Novas por contido

No DOG do 18/01/2024 a EGAP publica a RESOLUCIÓN do 10 de xaneiro de 2024 pola que se convocan os cursos de linguaxe administrativa e xurídica galega para persoal ao servizo das distintas administracións da Comunidade Autónoma de Galiza para o ano 2024.

Convócanse vinte e sete cursos de linguaxe administrativa galega e tres de linguaxe xurídica galega.

O número de prazas por curso será de 25.

Os cursos impartiranse segundo se indica a seguir:

– Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, institucións e entidades públicas instrumentais do sector público autonómico:

12 cursos medios de linguaxe administrativa galega.

9  cursos superiores de linguaxe administrativa galega.

- Administración de xustiza e outros colectivos relacionados coa xustiza de Galiza:

2 cursos medios de linguaxe xurídica galega.

1 curso superior de linguaxe xurídica galega.

– Entidades locais de Galiza:

3 cursos medios de linguaxe administrativa galega.

1 curso superior de linguaxe administrativa galega.

- Universidades de Galiza: 

1 curso medio de linguaxe administrativa galega

1 curso superior de linguaxe administrativa galega

O prazo de presentación de solicitudes será desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galiza e ata o 31 de xaneiro de 2024.

Outras novas recentes

Luns, 19 Outubro 2026

Convocatoria promoción interna A2-Inspección de consumo (para MSF 20/10/26)

A Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal convoca Mesa Sectorial de Negociación de Persoal Funcionario para o martes 20 de outubro, para discutir a convocatoria da promoción interna á escala de inspección de consumo, subgrupo A2. Descargar. Outra vez nos envían a documentación sen tempo abondo para a súa difusión e preparación, sen unha negociación...
Luns, 19 Outubro 2026

Destinos e convocatoria oposicións (axen. ambientais, c2-cociña, coidador, subalterno, limpeza, e P.I. administrativo) (MSF 16/10/26)

Na Mesa Sectorial de Negociación do Persoal Funcionario (MSF), discutimos coa Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal (DXEP), as bases das convocatorias de varios procesos selectivos. Na rolda aberta de intervencións, a DXEP deu información sobre a convocatoria de elección de postos de diversas escalas. Convocatoria de procesos selectivos Respecto das...
Mércores, 21 Outubro 2026

A loita polas condicións laborais do Persoal Non Docente dos centros de ensino

Logo de anos de loita semella que comeza a verse algo de luz ao final do túnel, estamos expectantes ante a reunión que nos agarda. Creemos que é fundamental unha regularización e actualización das funcións así como dotar dunha estrutura organizativa departamental encamiñada á profesionalización, acorde coas novas realidades técnicas  e  que dea resposta ás necesidades...