Novas por contido

Chegounos á CIG información de que na redacción dos novos pregos de contratación da conservación de estradas feitos pola AXI se está a incluír que as empresas privadas fagan as funcións de vixilancia de explotación (informes, denuncias, vixilancia do dominio público, etc), que deben estar reservadas a persoal funcionario da administración.

Estas funcións están sendo realizadas por persoal propio que ten pendente un proceso de funcionarización e promoción interna, e que leva pendente de resolver dende o 2019. Tamén se conta con previsión de prazas suficientes para poder cubrir por listas ou promoción interna.

O persoal de vixilancia da AXI está indignado por que os procesos selectivos para a escala de axentes de inspección, especialidade de dominio publico hidráulico e especialidade de vixilancia de estradas (subgrupo C1) derivados da OPE 2020, están sen rematar, procesos que segundo os acordos asinados tiñan que ter rematado no 2019 e non foron publicadas as convocatorias ata o 2022 e os exames en xuño do 2023. A entrega de documentación para a fase de baremo foi xa fai meses e ata o 07/05/24 non se publicou o baremo provisional. E isto porque para que publicasen este baremo foi necesario presentar unha queixa ante a Valedora do Pobo da que aínda non temos resposta (pero si publicaron o baremo provisional).

Agardamos que de esta nova Dirección Xeral de Emprego Público que non deixe esquecido outra vez o proceso e se publique a resolución no menor prazo, unha vez que o persoal leva agardando por esta promoción mais de 5 anos e a Xunta non cumpriu os prazos que establecían os acordos. A negociación destes procesos iniciouse no 2016 (hai xa 8 anos).

Lembramos que este persoal de estradas leva realizando funcións que corresponde a un grupo superior dende a sinatura dos acordos (2019) por confiar no compromiso e sinatura da Administración duns prazos que non cumpriu.

Pero aínda hai máis: unha vez rematado o proceso non se van a cubrir as 57 prazas do acordo de estradas quedando mais da metade sen cubrir polo que solicitamos que se inicien os mecanismos para a convocatoria dunha nova OPE con esas prazas. O que pon no Acordo e na Addenda que se asinaron é que as prazas que non se cubran por promoción interna se convocarán por acceso libre.

Outras novas recentes

Xoves, 05 Novembro 2026

Seaga paraliza o seu primeiro plan de igualdade após tentar aprobalo sen negociación efectiva

A sociedade mercantil pública autonómica cancelou dúas reunións consecutivas e deixou a negociación sen nova data. A CIG Administración Autonómica exixe retomar de inmediato os traballos, completar a diagnose e acordar medidas reais para o persoal. A CIG, sindicato maioritario nos comités de empresa da Coruña, Lugo e Ourense, denuncia as actuación da Empresa Pública de...
Venres, 06 Novembro 2026

Convocatoria para elección de destino definitivo: auxiliar de xerocultura e PSX

No DOG do 06/11/2026 publican a RESOLUCIÓN do 2 de novembro de 2026 pola que se convocan para a elección de destino definitivo as persoas aspirantes que superaron os procesos selectivos para o ingreso no corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C2, escala auxiliar de xerocultor/a e...
Luns, 09 Novembro 2026

Dúbidas ante a folga xeral do 11 de novembro

Respostas ás preguntas máis frecuentes para que todas as persoas traballadoras poida facer valer os seus dereitos Desde a CIG tentamos responder ás principais dúbidas que xiran arredor da convocatoria de Folga Xeral do vindeiro 11 de Novembro para que todas as persoas traballadoras do país poidan facer valer os seus dereitos e secundar a mobilización con liberdade. 1. Cal...