Novas por contido

A deixadez da Xunta en resolver os seus propios procesos selectivos e a paralización orzamentaria para cubrir as necesidades de presuposto do Servicio de Gardacostas fai que dende hai uns meses as bases operativas de Vigo e Ribeira teñan embarcacións sen saír ó mar por falta de tripulación.

Estes feitos xa se puxeron en coñecemento da consellería polos delegados da CIG na última reunión do Comité de Seguridade e Saúde Laboral, e a día de hoxe seguen sen solucionar as deficiencias, polo que continuamos na mesma situación.

Para poder solucionar tales atrancos para o funcionamento dun servizo que polas súas funcións é imprescindible, faise necesario:

1) Desbloquear a cobertura de prazas por parte de Orzamentos.
2) Desbloquear a OPE de 2022 e convocar as 10 prazas de patrón e 13 de mecánico/a que constan nela.

Cubrir as demandas de persoal do servizo é o único xeito de que as lanchas poidan volver a saír ó mar. Telas amarradas nas bases é unha ineficiencia, un desbaratamento de recursos e un desleixo.

Outras novas recentes

Xoves, 05 Xuño 2025

Concursos de estabilización de defensa contra incendios forestais: baremación complementaria e realización da proba física e visual

No DOG do 05/06/2025 publican: - RESOLUCIÓN do 28 de maio de 2025, do tribunal designado para cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, para o ingreso, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, na categoría 39 técnico/a forestal de defensa contra incendios forestais do grupo II de persoal...
Martes, 03 Xuño 2025

Postos para concursos de traslados de veterinarios/as, laboratorio, cociña, condución, recursos naturais, etc. (03/06/25)

A Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal (DXEP) enviou aos sindicatos a relación de postos para os seguintes concursos de traslados aínda pendentes de negociar: - Escala de veterinarios-as (A1). Descargar. - Escalas de laboratorio (C1-C2), mantemento (C1-C2-AP), condución (C1-C2), cociña (C1-C2), recursos naturais e forestais (C1-C2-AP), limpeza (AP)...
Luns, 02 Xuño 2025

A CIG pide á Valedora do Pobo que garanta que o persoal cociñeiro teña titulación técnica

A CIG acode á Valedora do Pobo ante a negativa da Administración de rectificar sobre a contratación de persoal sen titulación nas cociñas escolares. Coa presentación dunha queixa ante a Valedora do Pobo pedimos que interveña para que as persoas responsables da Consellería de Educación, Ciencia, Universidade e Formación Profesional se senten a negociar unha saída xusta á...