Novas por contido

A CIG acode á Valedora do Pobo ante a negativa da Administración de rectificar sobre a contratación de persoal sen titulación nas cociñas escolares.

Coa presentación dunha queixa ante a Valedora do Pobo pedimos que interveña para que as persoas responsables da Consellería de Educación, Ciencia, Universidade e Formación Profesional se senten a negociar unha saída xusta á chapuza da funcionarización que artellaron e que rebaixou profesionalmente as escalas de cociña. Con esta decisión deixaron ás cociñeiras e cociñeiros na escala do subgrupo C2, polo que agora ás novas contratacións so lle piden ESO (Ensinanza Secundaria Obrigatoria).

Consecuencia do anterior, neste curso levamos xa varias ofertas de emprego para a escala funcionarizada no C2 ( Escala Auxiliar de cociña ) sen ningún requisito de titulación académica en cociña. Polo que as dietas especiais, intolerancias, control de alérxenos, seguridade e hixiene alimentaria non están garantidas nos comedores escolares públicos da Xunta de Galiza, por colocar aos C2 como responsables das cociñas dos centros de ensino. E amais esta medida provoca a rebaixa profesional nas cociñas dependentes da Xunta de Galiza debilitando a calidade dun servizo público fundamental para familias e crianzas e pondo en risco a súa saúde e nutrición .

A análise da CIG é que o problema ven derivado da incorrecta clasificación do persoal no grupo que lle correspondería por titulación e segundo  recolle o EBEP (o Ciclo superior de cociña no grupo B e o Ciclo medio de cociña no C1) Así como que a creación de prazas e a asignación de escalas nos centros foron feitas sen criterios obxectivos e sen ter en conta a carga de traballo.

Requirimos da valedora que esixa buscar unha solución urxente xa que, ademais do anterior, as cociñas e comedores públicos, teñen a obriga de implantar un sistema APPCC (Análise de Puntos de Control Críticos) e un Programa de Seguridade Alimentaria que inclúe a rastrexabilidade dos alimentos, e boas prácticas na manipulación de alimentos.

O Goberno galego e a propia consellería proclaman que a Formación Profesional na Galiza é unha prioridade estratéxica da política educativa e de formación pero, polo que se ve, non para o seu propio persoal xa que prefire contratar persoas sen titulación técnica nas súas cociñas.

Outras novas recentes

Martes, 13 Outubro 2026

A Xanela. Boletín de CIG-Autonómica. Setembro/2026

Neste boletín: - E despois de todo isto? Que vai pasar cando rematen os concursos e tomas de posesión - Medio Rural asina acordos aos cachos para o persoal do SPIF - Concurso específico (a libre designación encuberta con estabilidade de 5 anos) - Movementos tras o concurso ou destino definitivo - Persoal non docente: chegou o momento de negociar Descargar
Luns, 19 Outubro 2026

Convocatoria promoción interna A2-Inspección de consumo (para MSF 20/10/26)

A Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal convoca Mesa Sectorial de Negociación de Persoal Funcionario para o martes 20 de outubro, para discutir a convocatoria da promoción interna á escala de inspección de consumo, subgrupo A2. Descargar. Outra vez nos envían a documentación sen tempo abondo para a súa difusión e preparación, sen unha negociación...
Mércores, 14 Outubro 2026

Por un sistema público galego de servizos ás persoas

Dentro da campaña que se está a levar a cabo “Por un sistema público galego de servizos ás persoas”, pedimos xuntanza tanto coa Conselleira de Política social como co Conselleiro de Educación. Adxuntamos os escritos remitidos solicitando esas xuntanzas, para, se o consideras oportuno lles envíes un recordatorio de que estamos á espera dunha data. ASUNTO: O que se...