Novas por contido

A Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal (DXEP) enviou aos sindicatos a relación de postos para os seguintes concursos de traslados aínda pendentes de negociar:

- Escala de veterinarios-as (A1). Descargar.

- Escalas de laboratorio (C1-C2), mantemento (C1-C2-AP), condución (C1-C2), cociña (C1-C2), recursos naturais e forestais (C1-C2-AP), limpeza (AP) e persoal subalterno-vixiantes de arquivos, bibliotecas e museos (AP). Descargar.

* Entendemos que o persoal subalterno pode volver a participar aínda que xa participara no concurso de corpos xerais, pois as prazas de vixiantes de arquivos, bibliotecas e museos, son de persoal subalterno.

Como dicimos, as convocatorias están sen negociar. O que fan aquí é enviarnos a relación de prazas dispoñibles para o concurso para que fagamos alegacións. A información trasladada pola DXEP na Comisión de Persoal do 03/06/25 foi que as bases do concurso de veterinarios/as e de mantemento-cociñas.. se negociarían en xuño.

Se tes algo que dicirnos, contacta coa CIG (necesitamos o código do posto para poder alegar).

Outras novas recentes

Venres, 30 Outubro 2026

Convocatorias de oposicións: xestión ambiental, C1, auxiliar de cociña, auxiliar de coidadores, subalterna e limpeza e cociña

No DOG do 30/10/2026 publican: - RESOLUCIÓN do 23 de outubro de 2026 pola que se convoca o proceso selectivo mediante o sistema de concurso-oposición para o ingreso, pola quenda de acceso libre e promoción interna, no corpo de técnicos de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, grupo B, escala de axentes...
Martes, 27 Outubro 2026

A Xunta pretende pechar en falso a negociación do persoal lingüista (grupo I-40) após dous meses sen facilitar os datos básicos

A CIG denuncia que a Consellaría de Cultura convoca a terceira mesa de negociación sen achegar a información sobre cargas de traballo, necesidades de persoal e externalizacións, nin ofrecer garantías contra a precariedade, a desregulación e as desigualdades salariais.  O 20 de outubro, Casares, deputado do PP, anunciaba no Pleno do Parlamento un principio de acordo, acadado...
Xoves, 05 Novembro 2026

Seaga paraliza o seu primeiro plan de igualdade após tentar aprobalo sen negociación efectiva

A sociedade mercantil pública autonómica cancelou dúas reunións consecutivas e deixou a negociación sen nova data. A CIG Administración Autonómica exixe retomar de inmediato os traballos, completar a diagnose e acordar medidas reais para o persoal. A CIG, sindicato maioritario nos comités de empresa da Coruña, Lugo e Ourense, denuncia as actuación da Empresa Pública de...