Novas por contido

A directora xeral de Emprego Público e Administración de Persoal (DXEP) vén de convocarnos para o 14 de xuño de 2024 á Mesa Xeral e á Mesa Sectorial, onde se tratarán os seguintes asuntos:

Mesa Sectorial de Funcionarios Públicos

  • Proposta de modificación da Relación de Postos de Traballo (RPT) da extinta consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades. Descargar proposta

  • Proposta de modificación da Relación de Postos de Traballo da Axencia Tributaria de Galicia (ATRIGA). Descargar proposta

Mesa Xeral de Empregados Públicos

  • Modificación do anexo do Decreto 165/2019, do 26 de decembro, polo que se establece o procedemento para a adquisición da condición de persoal funcionario de carreira polo persoal laboral fixo do Convenio colectivo único do persoal laboral da Xunta de Galicia. Descargar proposta

  • Modificación da relación de postos de traballo referente ao proceso de funcionarización de postos de traballo de persoal laboral da Xunta de Galicia e clasificación no corpo administrativo da administración xeral (subgrupo C1), corpo de técnicos de carácter facultativo de administración especial (grupo B) e no corpo de axudantes de carácter facultativo da administración especial (subgrupo C1); no corpo auxiliar da administración xeral (sobgrupo C2) e no corpo de auxiliares de carácter técnico de administración especial (subgrupo C2), da Administración xeral da Comunidade Autonóma de Galicia. Descargar proposta

Se tes algo que comentar, contacta coa CIG.

Outras novas recentes

Luns, 09 Novembro 2026

Dúbidas ante a folga xeral do 11 de novembro

Respostas ás preguntas máis frecuentes para que todas as persoas traballadoras poida facer valer os seus dereitos Desde a CIG tentamos responder ás principais dúbidas que xiran arredor da convocatoria de Folga Xeral do vindeiro 11 de Novembro para que todas as persoas traballadoras do país poidan facer valer os seus dereitos e secundar a mobilización con liberdade. 1. Cal...
Xoves, 05 Novembro 2026

A CIG mobilízase para reclamar salarios dignos fronte á carestía da vida

XFcfJrNfTHw A CIG-Administración reivindica o estabelecemento dunha cláusula de revisión ao IPC, medidas que faciliten o acceso á vivenda e mellores condicións laborais Máis de 200 delegadas e delegados dos distintos sectores que integran a CIG-Administración Pública manifestáronse este mércores 4 de novembro en Compostela contra a perda de poder adquisitivo do persoal...
Xoves, 05 Novembro 2026

Seaga paraliza o seu primeiro plan de igualdade após tentar aprobalo sen negociación efectiva

A sociedade mercantil pública autonómica cancelou dúas reunións consecutivas e deixou a negociación sen nova data. A CIG Administración Autonómica exixe retomar de inmediato os traballos, completar a diagnose e acordar medidas reais para o persoal. A CIG, sindicato maioritario nos comités de empresa da Coruña, Lugo e Ourense, denuncia as actuación da Empresa Pública de...