Novas por contido

O goberno de Alfonso Rueda volve a ofertar a mans privadas a xestión do centro ocupacional Souto de Leixa, que atende a persoas adultas discapacitadas, e que xa leva varios lustros dunha desastrosa xestión privada. Agora unha concesión por 12,7 millóns en 4 anos.

Unha das acepcións que o diccionario da RAG da para a o termo desleixar é o “non ter coidado dun mesmo ou das súas obrigacións, non ocuparse de algo por preguiza”. Un palmario exemplo práctico disto é a Resolución do 21 de maio de 2024 publicada no DOG do 03 de xuño de 2024, onde a Xunta vén de convocar o procedemento de asignación do concerto social para a xestión integral para o periodo 2024/2028 por 12,7 millóns de euros.

A pesares de anos de protestas de nais, pais e persoal polas deficientes condicións do trato ás usuarias/os, das denuncias e movilizacións masivas apoaiadas pola CIG, a pesares da penosa realidade na que está o centro dende que as mans privadas o xestionan, a Xunta lonxe de escoitar as queixas, avaliar as condicións de cumprimento do convenio, e de defender o servizo, volve a facer seu iso de “se non ques caldo toma sete tazas” e de novo prioriza porriba de todo os petos das grandes corporacións fronte ao que debería de ser a defensa das usuarias/os, e os servizos públicos de calidade.

Outras novas recentes

Venres, 06 Novembro 2026

Convocatoria para elección de destino definitivo: auxiliar de xerocultura e PSX

No DOG do 06/11/2026 publican a RESOLUCIÓN do 2 de novembro de 2026 pola que se convocan para a elección de destino definitivo as persoas aspirantes que superaron os procesos selectivos para o ingreso no corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C2, escala auxiliar de xerocultor/a e...
Luns, 09 Novembro 2026

A CIG convoca 17 mobilizacións por todo o país na xornada de folga xeral do 11N

A central nacionalista empraza a clase traballadora galega a visibilizar a parálise da actividade económica e laboral da xornada de 24 horas asistindo masivamente ás marchas A CIG anunciou a convocatoria dun total de 17 mobilizacións por todo o país durante a xornada de folga xeral prevista para o vindeiro 11 de novembro baixo o lema 'Galiza en loita por unha vida digna'...
Luns, 09 Novembro 2026

Dúbidas ante a folga xeral do 11 de novembro

Respostas ás preguntas máis frecuentes para que todas as persoas traballadoras poida facer valer os seus dereitos Desde a CIG tentamos responder ás principais dúbidas que xiran arredor da convocatoria de Folga Xeral do vindeiro 11 de Novembro para que todas as persoas traballadoras do país poidan facer valer os seus dereitos e secundar a mobilización con liberdade. 1. Cal...