Novas por contido

A CIG esíxelle á Xunta que respecte tanto o Acordo asinado o 5 de decembro de 2023 como a propia Lei de emprego público e a Resolución de permisos e licenzas

O Acordo sobre as condicións de traballo do persoal dos centros de xestión propia da Consellería de Política Social e Xuventude, asinado o 5 de decembro de 2023, élle de aplicación tanto á Consellaría de Política Social como ao Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar. Este acordo concrétase, entre outras cuestións, na xornada de 35 horas semanais.

Por outra banda, as traballadoras e traballadores teñen dereito a un permiso de lactación que, no caso de ser acumulado en xornadas completas, supón 150 horas de tempo de traballo.

Despois da sinatura do devandito acordo, o resultado de acumular este permiso en xornadas é de 21,429 días, o que se traduce en 21 xornadas completas e 3 horas. Porén, a Administración está a negar o dereito a gozar desas 3 horas co argumento de que o desfrute acumulado ten que facerse en xeiras completas, ignorando completamente a normativa vixente que establece a acumulación parcial.

A Lei 2/2015, de Emprego público de Galiza determina o seguinte: «No caso de acumulación parcial do tempo correspondente a este permiso, gozarase combinando a concesión de xornadas completas coa ausencia dunha hora diaria, a cal se pode dividir en dúas fraccións de media hora, ata acadar o total do tempo concedido.»; polo tanto, as traballadoras e traballadores teñen dereito ao desfrute desas 3 horas que completan as 150.

Non pode ser que, coa escusa da mellora das condicións de traballo do Acordo, se perdan dereitos consolidados e recollidos na normativa.

Reclama os teus dereitos! Non renuncies ao teu permiso de lactación completo!

 

Novas relacionadas

Outras novas recentes

Xoves, 05 Novembro 2026

Seaga paraliza o seu primeiro plan de igualdade após tentar aprobalo sen negociación efectiva

A sociedade mercantil pública autonómica cancelou dúas reunións consecutivas e deixou a negociación sen nova data. A CIG Administración Autonómica exixe retomar de inmediato os traballos, completar a diagnose e acordar medidas reais para o persoal. A CIG, sindicato maioritario nos comités de empresa da Coruña, Lugo e Ourense, denuncia as actuación da Empresa Pública de...
Xoves, 05 Novembro 2026

A CIG mobilízase para reclamar salarios dignos fronte á carestía da vida

XFcfJrNfTHw A CIG-Administración reivindica o estabelecemento dunha cláusula de revisión ao IPC, medidas que faciliten o acceso á vivenda e mellores condicións laborais Máis de 200 delegadas e delegados dos distintos sectores que integran a CIG-Administración Pública manifestáronse este mércores 4 de novembro en Compostela contra a perda de poder adquisitivo do persoal...
Luns, 09 Novembro 2026

Dúbidas ante a folga xeral do 11 de novembro

Respostas ás preguntas máis frecuentes para que todas as persoas traballadoras poida facer valer os seus dereitos Desde a CIG tentamos responder ás principais dúbidas que xiran arredor da convocatoria de Folga Xeral do vindeiro 11 de Novembro para que todas as persoas traballadoras do país poidan facer valer os seus dereitos e secundar a mobilización con liberdade. 1. Cal...