Novas por contido

Este sindicato ten constancia de que non se está a convocar a Comisión de Listas, en prexuízo da transparencia e seguridade xurídica destes procedementos de selección de persoal e da xestión de chamamentos para a cobertura con carácter temporal.

O procedemento que regula a cobertura temporal de postos de persoal funcionario da escala de saúde pública e administración sanitaria figura na Resolución do 20 de setembro de 2016, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, e afecta ás seguintes listas de colectivos profesionais do ámbito da comunidade autónoma galega:

  • Lista de persoal inspector médico
  • Lista de persoal inspector farmacéutico
  • Lista de persoal farmacéutico/inspector de saúde pública
  • Lista xeral de persoal licenciado sanitario: licenciaturas en Medicina e Cirurxía, Farmacia, Ciencias Químicas, Ciencias Biolóxicas e Psicoloxía
  • Lista de persoal subinspector sanitario
  • Lista de ATS/DUE

A Administración está a incumprir este prodecemento, dado que non está funcionando a comisión para o seu seguimiento e control, a cal corresponde á representación legal das/os traballadoras/es.

Esiximos que no prazo máis breve posíbel se convoque a xuntanza da Comisión de Listas, permitindo así que este órgano actúe dentro do ámbito das competencias que ten atribuídas, teña coñecemento de todas as decisións adoptadas e poida velar pola correcta xestión destas listas e dos correspondentes chamamentos, garantindo rigorosamente o cumprimento do procedemento e a máxima transparencia no acceso a estes postos.

Outras novas recentes

Venres, 13 Novembro 2026

Agacal, Gain e Intecmar quedan para a seguinte OEP de funcionarización

A directora xeral de Emprego Público comunicounos na Mesa Xeral do 10 de novembro de 2026 que o persoal de AGACAL, GAIN e INTECMAR quedará para a seguinte OEP de funcionarización (para a cal non teñen data) porque aínda non está integrado. A integración é un requisito previo para que o persoal que o desexe poida funcionarizarse. Sen convocatoria á CIG para as negociacións...
Venres, 13 Novembro 2026

Promoción interna de corpos xerais; funcionarización en excedencia; finanzas-veterinarios/as-agacal-gain-intecmar (MSF e MX 10/11/26)

O martes 10, véspera da Folga Xeral, asistimos á Mesa Xeral e Mesa Sectorial de Persoal Funcionario, nas que se trataron as convocatorias de promoción interna a corpos xerais e dos procesos de funcionarización de persoal laboral fixo que está en excedencia. Na rolda aberta de intervencións a DXEP deu información da escala de finanzas, da repesca de funcionarización de...
Xoves, 05 Novembro 2026

A CIG mobilízase para reclamar salarios dignos fronte á carestía da vida

XFcfJrNfTHw A CIG-Administración reivindica o estabelecemento dunha cláusula de revisión ao IPC, medidas que faciliten o acceso á vivenda e mellores condicións laborais Máis de 200 delegadas e delegados dos distintos sectores que integran a CIG-Administración Pública manifestáronse este mércores 4 de novembro en Compostela contra a perda de poder adquisitivo do persoal...