Novas por contido

O Partido Popular de Vigo deu a benvida aos 16 novos funcionarios e funcionarias dos subgrupos C1 e C2 que xa prestan servizo en diferentes departamentos da Xunta en Vigo

Ao finalizar o acto, varios membros da “Junta Directiva” do PP local, participaron nunha foto de familia cos novos funcionarios e funcionarias da Xunta e algúns xefes e xefas propicios/as de diferentes departamentos. Do evento, que foi publicado no web do PP de Vigo o martes 11 de xuño, fíxose eco a Xunta de Galiza no seu web

Destaca a sintonía entre Xunta e PP en Vigo, que apreciamos en que a información publicada nos dous webs conten a mesma redacción e fotografía de familia (un magnífico traballo do gabinete de prensa que todos/as pagamos á delegada territorial e usa o PP)

O Partido Popular de Vigo fixo público o acto de benvida ao que someteron aos novos funcionarios e funcionarias ao servizo da Administración Autonómica en destino provisional en Vigo. No acto participaron varias persoas que forman parte da “Junta Directiva” do partido en Vigo, como son: Ana Ortiz (Presidenta do PP en Vigo e delegada territorial), Fernando González Abeijón (secretario territorial), e Ángeles Rouco (xefa territorial de Política Social). Acompañando ao Partido Popular no seu acto, participaron outras persoas que exercen diferentes xefaturas na Administración Autonómica.

A información publicada polo Partido Popular indica que a súa presidenta en Vigo, Ana Ortiz, recibiu aos funcionarios e funcionarias e deulles a benvida no edificio administrativo da Xunta na cidade. “Somos un equipo e podedes contar con todos nós para calquera dúbida ou necesidade que teñades, lembrade sempre que somos servidores públicos e o noso traballo é responder aos cidadáns”, sinalou.

Pero a mellor noticia foi para as funcionarias e funcionarios do subgrupo C2, que pola súa condición de “funcionarios en prácticas”, cobrarán só unha parte das súas retribucións durante un mes. Para este persoal a información trasladada polo Partido Popular indica que “xa desempeñan as súas funcións dende os primeiros días do mes de xuño”. Esta información, que coincide coa que tamén publica a Xunta no seu web, ten moita incidencia co regulado no artigo 16.2 do Decreto 95/1991, que di que “se as prácticas se realizan desempeñando un posto de traballo”, as retribucións non serán unicamente as básicas (soldo e extras), se non tamén as complementarias (é dicir, o salario íntegro cos complementos de destino e específico).

Como non pode ser doutro xeito, queremos felicitar ao Partido Popular de Vigo pola benvida aos novos funcionarios e funcionarias da Administración Autonómica en Vigo, e sobre todo por recoñecer que “xa desempeñan as súas funcións” os/as do subgrupo C2 que están en prácticas e así permitirlles cobrar as retribucións completas.

Benvidos e benvidas, da CIG-Autonómica (se nos necesitas, estamos no local sindical do 8º andar da torre 2)

Outras novas recentes

Xoves, 05 Novembro 2026

A CIG mobilízase para reclamar salarios dignos fronte á carestía da vida

XFcfJrNfTHw A CIG-Administración reivindica o estabelecemento dunha cláusula de revisión ao IPC, medidas que faciliten o acceso á vivenda e mellores condicións laborais Máis de 200 delegadas e delegados dos distintos sectores que integran a CIG-Administración Pública manifestáronse este mércores 4 de novembro en Compostela contra a perda de poder adquisitivo do persoal...
Venres, 06 Novembro 2026

Convocatoria para elección de destino definitivo: auxiliar de xerocultura e PSX

No DOG do 06/11/2026 publican a RESOLUCIÓN do 2 de novembro de 2026 pola que se convocan para a elección de destino definitivo as persoas aspirantes que superaron os procesos selectivos para o ingreso no corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C2, escala auxiliar de xerocultor/a e...
Luns, 09 Novembro 2026

Dúbidas ante a folga xeral do 11 de novembro

Respostas ás preguntas máis frecuentes para que todas as persoas traballadoras poida facer valer os seus dereitos Desde a CIG tentamos responder ás principais dúbidas que xiran arredor da convocatoria de Folga Xeral do vindeiro 11 de Novembro para que todas as persoas traballadoras do país poidan facer valer os seus dereitos e secundar a mobilización con liberdade. 1. Cal...