Novas por contido

A directora xeral de Emprego Público e Administración de Persoal (DXEP) vén de convocarnos para o 20 de xuño de 2024 a unha Comisión de Persoal onde se someterán a votación os seguintes asuntos:

  • Proposta de anteproxecto de Orde pola que se modifica o Decreto 165/2019, do 26 de decembro, polo que se establece o procedemento para a adquisición da condición de persoal funcionario de carreira polo persoal laboral fixo do Convenio colectivo único do persoal laboral da Xunta de Galicia. Descargar proposta
  • Modificación da relación de postos de traballo referente ao proceso de funcionarización de postos de traballo de persoal laboral da Xunta de Galicia e clasificación no corpo administrativo da administración xeral (subgrupo C1), corpo de técnicos de carácter facultativo de administración especial (grupo B) e no corpo de axudantes de carácter facultativo da administración especial (subgrupo C1); no corpo auxiliar da administración xeral (sobgrupo C2) e no corpo de auxiliares de carácter técnico de administración especial (subgrupo C2), da Administración xeral da Comunidade Autonóma de Galicia. Descargar proposta
  • Proposta de modificación da Relación de Postos de Traballo (RPT) da extinta consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades. Descargar proposta
  • Proposta de modificación da Relación de Postos de Traballo da Axencia Tributaria de Galicia (ATRIGA). Descargar proposta

Se tes algo que comentar, contacta coa CIG.

Outras novas recentes

Venres, 06 Novembro 2026

Convocatoria para elección de destino definitivo: auxiliar de xerocultura e PSX

No DOG do 06/11/2026 publican a RESOLUCIÓN do 2 de novembro de 2026 pola que se convocan para a elección de destino definitivo as persoas aspirantes que superaron os procesos selectivos para o ingreso no corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C2, escala auxiliar de xerocultor/a e...
Xoves, 05 Novembro 2026

A CIG mobilízase para reclamar salarios dignos fronte á carestía da vida

XFcfJrNfTHw A CIG-Administración reivindica o estabelecemento dunha cláusula de revisión ao IPC, medidas que faciliten o acceso á vivenda e mellores condicións laborais Máis de 200 delegadas e delegados dos distintos sectores que integran a CIG-Administración Pública manifestáronse este mércores 4 de novembro en Compostela contra a perda de poder adquisitivo do persoal...
Venres, 30 Outubro 2026

Nomeamentos como persoal funcionario de carreira e apertura do prazo posesorio de varios procesos selectivos

No DOG do 30/10/2026 publican: - RESOLUCIÓN do 23 de outubro de 2026 pola que se nomean persoal funcionario de carreira no corpo de axudantes de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C1, escala técnica de condución, as persoas aspirantes que superaron algún dos procesos selectivos convocados polas...