Novas por contido

Na Comisión de Persoal do venres 21 de xuño, tanto CIG como os outros sindicatos (CCOO, CSIF e UGT) fixemos un montón de preguntas. A directora xeral de Emprego Público e Administración de Persoal (DXEP), respostou a moi poucas. 

A información dos puntos da Orde do día (modificación do Decreto 165/2019, de equivalencias entre categorías de persoal laboral e escalas de persoal funcionario, RPT de funcionarización a escalas de C1 e C2, RPT da antiga consellería de Cultura, e RPT de Atriga), está nesta outra páxina: ligazón.

Previsión de datas de exames de promoción interna e acceso libre que estaban anunciadas. Despois de varios días preguntando, por fin temos resposta: ligazón.

Oposicións Veterinarios laborais en destino provisional: varios deles están no proceso de estabilización a veterinarios funcionarios. Preguntan cando vai ser a súa funcionarización, e así esquecerse da estabilización. Sen resposta

Concurso de escalas de consumo: son poucas persoas que se moven (3 ou 5). Non hai motivo para retrasar a resolución do concurso. Situación? -> DXEP: están vendo as solicitudes.

Cando van a tomar pose os laborais funcionarizados na convocatoria específica? -> DXEP: primeiro deberán rematar coa funcionarización para valorar os postos dispoñibles.

Oposicións de enxeñeiros de montes-A1 (libre+PI+estabilización), e enxeñeiros técnicos forestais (estabilización+PI): estes procesos foron convocados en decembro/21 (dous anos e medio), a relación de aprobados foi publicada no DOG o 8 de setembro de 2023. Non se sabe absolutamente nada da toma de posesión, mentres que outras especialidades que foron convocadas ao mesmo tempo, como enxeñería agronómica e enxeñería técnica agrícola. Por que non se da toma de posesión xa? -> DXEP: estánse valorando.

Roupa de traballo ao persoal substituto en educación: referimonos a persoal de limpeza, coidados, cociña, interpretes de linguaxe de signos, enfermería, etc. Non lla da a non ser que traballen máis de 6 meses, o que implica que teñan que comprala eles/elas. Isto é diferente a como se comporta Política Social que da a roupa ainda que só se traballe un día. Así que solicitamos a Educación que corrixa isto. -> DXEP ou Educación: sen resposta

Fides: documentación verificada que deixa de estalo. O Fides permite xerar o expediente persoal para ter unha copia con código de verificación asinada por Función Pública. Este informe só fai constar os méritos validados na data de xeración do documento. Sería importante que, dado que están facendo modificacións e sacándolle a validación a méritos que antes si estaban validados, etc., que se poida xerar un informe onde conste todo o expediente-e completo co estado de validación de cada mérito, para evitar ter que facer pantallazos etc. e poder ter unha copia exacta do que hai, non só da validación. -> DXEP: é a primeira vez que se usa o Fides, polo que se están dando erros que procuran solventar.

División do persoal do servizo de urbanismo da Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas: unha parte do persoal vai a xestión estricta de urbanismo e outro á costas. Sería posible saber como vai ser a asignación de persoal a cada unha das áreas? -> DXEP: sen resposta.

Acordo de condición de traballo do SPIF:  cando teñen previsto asinar para poder aplicar todo o acordado. -> DXEP: sen resposta

RPT do Consorcio: cando se vai levar a mesa? -> DXEP: estamos en ello

Comisión de seguimento do acordo de centros de Política Social: presentada solicitude conxunta dos catro sindicatos, cando van convocar? -> DXEP: valorarán a súa convocatoria.

Outras novas recentes

Venres, 16 Outubro 2026

A Dirección Xeral de Emprego Público pasa o rolete pola Lei de medidas e a Lei de orzamentos de 2027, sen negociar (CP 15/10/26)

Na xuntanza da Comisión de Persoal do 15 de outubro, a directora xeral volveu ás andadas de facer imposíbel calquera posibilidade de negociación efectiva, impedindo que haxa calquera avance nas condicións laborais do persoal da Administración xeral da Xunta e entes. Xa se está a convertir en costume ter que dicirlle á diretora xeral de Emprego Público que coa CIG non conte...
Venres, 23 Outubro 2026

Voto en contra do PP a máis cursos de galego e á xornada completa do persoal lingüista (Pleno do Parlamento do 20/10/26)

Un grupo nutrido grupo de lingüistas e unha representación da CIG acudimos ao Pleno do Parlamento o 20 de outubro, onde se debateu sobre a situación límite que está a soportar este persoal e a altísima demanda de formación en galego desatendida ano tras ano pola Escola Galega de Administración Pública (EGAP). O BNG presentou unha iniciativa para ampliar a dotación de cursos...
Luns, 19 Outubro 2026

Destinos e convocatoria oposicións (axen. ambientais, c2-cociña, coidador, subalterno, limpeza, e P.I. administrativo) (MSF 16/10/26)

Na Mesa Sectorial de Negociación do Persoal Funcionario (MSF), discutimos coa Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal (DXEP), as bases das convocatorias de varios procesos selectivos. Na rolda aberta de intervencións, a DXEP deu información sobre a convocatoria de elección de postos de diversas escalas. Convocatoria de procesos selectivos Respecto das...