Novas por contido

A Consellaría de Medio Rural publicou as bases para a elaboración dunhas listas de contratación temporal de Bombeiro/a forestal (B.F.)-condutor de motobomba e B.F.-xefe/a de brigada. Ligazón á páxina de anuncios de Medio Rural.

Xustifican a súa proposta en que as respectivas listas elaboradas polo Decreto 37/2006 xa están esgotadas.

  • Categorías : BFCMB e BFXB, laboral e funcionario. A relación de postos a cubrir está publicado nas bases.
  • Vixencia das listas : ate que se incorporen as persoas novas ás listas elaboradas polo Decreto 37/2006, momento no cal estas listas quedarán sen validez.
  • Documentación necesaria : Anexo I das bases máis a documentación que alega segundo o establecido na base VI. Aquí tamén hai lio, xa que di que hai que presentar o "anexo de acreditación de méritos (Anexo II)", cando o Anexo II é o anexo que ten a lista de prazas ofertadas, nada que ver cos méritos. 
  • Prazo de presentación: hai un lío nas bases. Dunha banda din que o prazo comeza ao día seguinte de publicación das bases, e no paragrafo seguinte pon que dende o mesmo día de publicación das bases. Xa avisamos para que corrixan.
  • Presentación da solicitude: a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, solicitude xenérica (código de procedemento PR004A), e dirixidas á Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural.

Importante : Só poderá presentarse solicitude para unha única provincia, quedando excluídas as solicitudes nas que se opte por máis dunha.

Outras novas recentes

Mércores, 09 Xullo 2025

Convocatoria do concurso ordinario para a provisión de postos de traballo de veterinaria

No DOG do 09/07/2025 publican a RESOLUCIÓN do 1 de xullo de 2025, da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, pola que se convoca concurso ordinario para a provisión de postos de traballo vacantes do corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A1, escala de veterinarios. As...
Xoves, 03 Xullo 2025

A carreira profesional volve á mesa de negociación (17/07/25), acompañada dunha BOMBA PARA A CARREIRA ORDINARIA

Sete meses despois do primeiro borrador, envían para a Mesa Sectorial de Negociación do Persoal Funcionario (MSF) e Mesa Xeral (MX) de Empregados Públicos do xoves 17 uns novos textos dos graos I, II e III extraordinarios da carreira profesional (carreira administrativa para o persoal funcionario e complemento do desempeño para o persoal laboral). Á Dirección Xeral de...
Martes, 08 Xullo 2025

Comisións de servizo na escala extinta de Axentes forestais (C2)

Tras unha sentenza firme a Dirección Xeral de Emprego Público xa autorizou 3 comisións de servizo na escala de axentes forestais (corpo de auxiliares técnicos da escala C2) A CIG protesta pola decisión de Emprego Público e solicítalle unha reunión urxente coas consellerías para arranxar a situación anacrónica das RPT, valorando eliminar o C2 nos postos que non están...