Novas por contido

A CIG tivo constancia de que se vai proceder a renovación de parte do parque móbil da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático. Esta información non nos chegou directamente da Administración, senón que foi extraoficialmente a través dos nosos afiliados/as e simpatizantes, polo que por esa parte, empezamos mal.

Entrando no fondo da cuestión, entendemos que a Administración menospreza ao seu persoal e aos representantes legais deste ao non ter en conta o disposto na Lei 31/1995, de prevención de riscos laborais. Consideramos na CIG que se está a poñer en risco ás persoas que terán que realizar o seu traballo con estes vehículos porque desde o noso punto de vista non son os máis axeitados para a realización dos traballos de campo para os que son necesarios.

A maioria dos vehículos novos de renting que se licitaron son pick ups. Non podemos estar de acordo na adquisición deste tipo de vehículos para un servizo que se estaba a facer con vehículos todoterreo, xa que as pick-ups son:

  • Vehículos excesivamente longos, o que dificulta a súa manexabilidade, podendo poñer en riscos ao persoal que vai neles.
  • Non dispoñen de maleteiro, o que supón que todo o material a transportar teña que ir na caixa. Isto pode traducirse nun problema se o carrozado non é de calidade, o que podería provocar a entrada de auga no seu interior, co conseguinte risco de deterioro para o material que se ten que transportar dentro (roupa de reposto, botas,documentos,etc, )
  • Acceso as caixas traseiras que pode dar lugar a malas posturas para coller o material.

Nesta licitación tamén se adquiriron outros vehículos novos como furgonetas e todocamiño (vehículo só apto para acceder a pistas forestais con bo firme) así como vehículos todoterreo usados que xa se viñan empregando pola Consellería desde fai anos. Non sabemos cal foi o criterio seguido para que uns vehículos sexan todoterreo vellos, outros pick-ups novas e outros todocamiño.

Desde a CIG rexeitamos este proceder da consellería e expresamos a nosa enérxica protesta polo pouco respecto que ten a Xunta cara a seguridade e saúde dos seus traballadores e traballadoras.

Outras novas recentes

Venres, 13 Novembro 2026

RPT Emprego, Comercio e Emigración (11/11/26)

A Consellería de Emprego, Comercio e Emigración, convocou aos sindicatos a unha xuntanza para falar da súa proposta de modificación da Relación de Postos de Traballo da consellería. Descargar Contactamos coa consellería para pedir explicacións polo feito de que nos convocasen con menos de 48 horas de antelación (restando a xornada de Folga Xeral), o que imposibilita estudar...
Venres, 13 Novembro 2026

Promoción interna corpos xerais; funcionarización en excedencia (para CP 17/11/26)

A directora xeral de Emprego Público e Administración de Persoal convocounos a unha xuntanza da Comisión de Persoal que será o martes 17 de  novembro, coa seguinte Orde do día: Convocatoria do proceso de funcionarización para o persoal laboral fixo que está na situación de excedencia. Descargar Convocatoria de promoción interna ao corpo superior-A1. Descargar Convocatoria...
Venres, 13 Novembro 2026

Agacal, Gain e Intecmar quedan para a seguinte OEP de funcionarización

A directora xeral de Emprego Público comunicounos na Mesa Xeral do 10 de novembro de 2026 que o persoal de AGACAL, GAIN e INTECMAR quedará para a seguinte OEP de funcionarización (para a cal non teñen data) porque aínda non está integrado. A integración é un requisito previo para que o persoal que o desexe poida funcionarizarse. Sen convocatoria á CIG para as negociacións...