Novas por contido

A CIG observou que no listado final de vacantes publicado na convocatoria do concurso de traslados de corpos xerais, desapareceran 180 postos que si estaban nos listados previos facilitados por Función Pública. Xa que logo, a CIG enviou dous escritos á Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal (DXEP, antiga DX de Función Pública), esixindo explicacións de cada un dos postos desaparecidos.

A DXEP, logo de facer un relato do proceso de negociación, respostounos dándonos a seguinte información (vai o literal da resposta):

  • Logo da apertura da aplicación ás consellerías e organizacións sindicais e como consecuencia dunha revisión máis profunda da listaxe de vacantes constatouse a necesidade de retirar da oferta 98 postos por diversas causas que se explican a continuación:

    • 17 postos da extinta Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades por amortización na RPT que estaba en trámite nese momento na Dirección Xeral da Función Pública.

    • 11 postos da extinta Consellería de Infraestruturas e Mobilidade por previsión de modificación da RPT.

    • 5 postos da Consellería do Mar da escala de confrarías declarada a extinguir de acordo coa Lei 5/2003, do 27 de outubro, pola que se declara a extinción da escala específica creada pola disposición transitoria quinta da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia.

    • 7 postos da AMTEGA reservados para adscrición do persoal do CIXTEC segundo Decreto 9 /2021, do 21 de xaneiro, polo que se suprime o Centro Informático para a Xestión Tributaria, Económico-Financeira e Contable (CIXTEC) e se modifica o Decreto 252/2011, do 15 de decembro, pplo que se crea a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia e se aproban os seus estatutos.

    • 3 postos do Instituto de Estudos do Territorio por modificación da estrutura segundo Decreto 104/2023, do 29 de xuño, polo que se modifica o Decreto 244/2011, do 29 de decembro, polo que se aproban os estatutos do organismo autónoma Instituto de Estudo do Territorio.

    • 18 postos ocupados en adscrición provisional por persoas da escala de subalternos nomeadas en procesos selectivos para persoas con discapacidade intelectual.

    • 13 postos reservados para execución de sentenza, por falta de dotación orzamentaria, ou non ofertables por prever modificar as características do posto na RPT ou outros motivos.

    • 24 postos por estar reservados por IT/IPT, ou por estar suxeitos a unha adscrición por motivos de saúde.

  • Por outra parte, as consellerías formularon solicitudes para retirar algúns postos da oferta certificando as súas previsións de modificación de RPT. Logo da consideración pola dirección xeral, retiráronse 80 postos vacantes adicionais.

  • Finalmente, dous dos postos incluídos na relación anexada á solicitude figuran entre as vacantes do concurso convocado. Os códigos dos postos cambiaron logo das modificacións de relación de postos de traballo aprobadas por Resolución do 8 de febreiro de 2024 pola que se ordena a publicación do Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 8 de febreiro de 2024, polo que se aproba a modificación da relación de postos de traballo da Consellería de Política Social e Xuventude (DOG Núm. 30, do 2 de febreiro) e Resolución do 16 de febreiro de 2024 pola que se ordena a publicación do Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 15 de febreiro de 2024, polo que se aproba a modificación da relación de postos de traballo da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades da Xunta de Galicia (DOG Núm. 37, do 21 de febreiro).

Para rematar a resposta, informan de que non van a facilitar datos individualizados de cada posto polo dereito á protección de datos. Isto último implica que non queda outra que crernos o que nos contan, e que van a poder facer o que lles pete sen dar máis explicacións que os números gordos. A CIG non pretende que se fagan públicos datos persoais, e nen sequera queremos que nos entreguen documentación. Pero si queremos que se senten a dar explicacións orais, posto por posto, a unha persoa por sindicato. E neste sentido, xa enviamos consulta á nosa asesoría xurídica.

Novas relacionadas

Outras novas recentes

Xoves, 29 Outubro 2026

Primeira xuntanza con Educación por un Acordo para o Persoal Non Docente: unha perda de tempo

A CIG denuncia a falta de compromiso e de vontade negociadora da Consellaría e advirte de que non vai permitir que se siga adiando unha reivindicación histórica do persoal non docente. As expectativas xeradas pola apertura dunha vía de negociación coa Consellaría de Educación para acadar un acordo que dea resposta ás demandas do persoal non docente quedaron frustradas na...
Xoves, 05 Novembro 2026

A CIG mobilízase para reclamar salarios dignos fronte á carestía da vida

XFcfJrNfTHw A CIG-Administración reivindica o estabelecemento dunha cláusula de revisión ao IPC, medidas que faciliten o acceso á vivenda e mellores condicións laborais Máis de 200 delegadas e delegados dos distintos sectores que integran a CIG-Administración Pública manifestáronse este mércores 4 de novembro en Compostela contra a perda de poder adquisitivo do persoal...
Venres, 30 Outubro 2026

Convocatorias de oposicións: xestión ambiental, C1, auxiliar de cociña, auxiliar de coidadores, subalterna e limpeza e cociña

No DOG do 30/10/2026 publican: - RESOLUCIÓN do 23 de outubro de 2026 pola que se convoca o proceso selectivo mediante o sistema de concurso-oposición para o ingreso, pola quenda de acceso libre e promoción interna, no corpo de técnicos de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, grupo B, escala de axentes...