Novas por contido

No DOG do 24/07/2024 publican o DECRETO 171/2024, do 8 de xullo, polo que se determinan as festas da Comunidade Autónoma de Galiza do calendario laboral para o ano 2025.

De non se producir modificacións no calendario laboral de carácter estatal, as festas laborais no territorio da Comunidade Autónoma de Galiza para o ano 2025 serán as seguintes:

1 de xaneiro Aninovo

6 de xaneiro Epifanía do Señor (Día de Reis)

17 de abril Xoves Santo

18 de abril Venres Santo

1 de maio Festa do Traballo

17 de maio Día das Letras Galegas

25 de xullo Día Nacional de Galicia

15 de agosto Asunción da Virxe

1 de novembro Todos os Santos

6 de decembro Día da Constitución Española

8 de decembro Inmaculada Concepción

25 de decembro Natividade do Señor

As festas mencionadas terán carácter obrigatorio e non recuperable.

Outras novas recentes

Martes, 29 Abril 2025

Proposta de revisión do acordo de veterinarios/as de Sanidade (29/04/25)

A Consellería de Sanidade convocounos a unha xuntanza, que será o luns 5 de maio, para tratar unha proposta de modificación do acordo para a ordenación e mellora da prestaciń de servizos veterinarios oficiais no ámbito da Xunta de Galiza. A súa proposta de modificación ven indicada en amarelo: ligazón. Esquécense de todas as propostas que lles fixemos na xuntanza anterior,...
Martes, 06 Mai 2025

Proposta modificación servizos veterinarios (05/05/25)

Ante a negativa unánime por parte das catro organizacións sindicais asinantes do acordo, remitirán en breve unha nova proposta na que quedaron en incluír as melloras organizativas.O pasado día 05 de maio de 2025 fomos convocados pola Consellería e Sanidade para unha xuntanza na que abordamos a proposta de modificación do acordo para a ordenación e mellora da prestación de...
Luns, 05 Mai 2025

Concurso de traslados de prevención e defensa contra incendios forestais: modificación da relación provisional de persoas admitidas

No DOG do 05/05/2025 publican a RESOLUCIÓN do 29 de abril de 2025 pola que se modifica a Resolución do 24 de febreiro de 2025, da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, pola que se aproba a relación provisional de persoas admitidas e excluídas do concurso para a provisión de postos de traballo vacantes de corpos e escalas de Administración especial...