Novas por contido

Emprego Público segue a aplicar o acordo de xeito unilateral

Intervén a Directora Xeral de Emprego Público respondendo ás alegacións que se enviaron no seu momento polas organizacións sindicais e polos Comités de empresa aos criterios que enviaran.

Entenden que non hai solapamento cando cortan secuencias con unha C (compensación), porque pasan máis de 12 horas entre quendas.

O acordo permite chegar ate o 60% de fins de semana, polo que consideran que non hai desequilibrio no desfrute. Ter dous fins de semana consecutivos en carteleira, está motivado polo número de efectivos da quenda.

O documento de criterios, ten tamén cuestións relativas a definicións, como no caso das Intersubstitucións.

Dá información do importe que propoñen para as intersubstitucións urxentes e para as voluntarias

Urxentes Voluntarias
A2    138,63 € A2    118,63 €
C1    113,90 € C1      96,90 €
C2      99,50 € C2      85,50 €
AP      88,79 € AP      75,79 €

   
Desde a CIG solicítase a remisión de todas as actas das xuntanzas mantidas previamente e o envío das alegacións presentadas por todos os comités de empresa. Consideramos que hai un incumprimento sistemático do Acordo, a Administración envía documento cos criterios que xa se están a aplicar e cos cales manifestamos o noso desacordo xa desde o principio.

Advertimos que non se convocaron as subcomisións previstas no Acordo que é onde se deberían tratar os temas de intersubstitución, sempre e cando non sexa posible a súa cobertura mediante as listas de contratación.

Denunciamos que a Administración desenvolve partes do acordo unilateralmente, sen negociación ca parte social.

Emprego Público contesta que enviará o documento modificado, e poñerán data de prazo para enviar alegacións. O obxecto das definicións, era regular as situacións que non estaban aplicando os mesmos criterios.

Eliminarase a referencia a días do ano, e farán referencia a criterios que determinan a xornada laboral.

Enviarán outro documento de confección de carteleiras. Nos vindeiros días enviarán as actas, para o seu estudo e aprobación, se procede, na vindeira xuntanza da Comisión.

Establecerase criterio de festivo ou non do 24 e 31 de decembro. Revisarán o segundo parágrafo do relativo ás vacacións xa que non está claro.

En canto as quendas de noite, fan igual as 35 horas coma os demais, e se fan domingos e festivos terán a súa compensación.

A CIG manifesta que o espíritu do acordo non era isto que nos presentan, e instamos a que nos den información das alegacións presentadas, a que convoquen de novo con unha proposta que teña en consideración as alegacións e propostas presentadas polas Organizacións Sindicais e os Comités de Empresa.

Así mesmo, instamos á convocatoria da Subcomisión prevista para a definición e estudo das intersubstitucións, que en ningún caso pode utilizarse para cobertura de vacacións e permisos, para eso están as listas de cobertura temporal, e que teña en conta que a compensación debe ser para todos os grupos da mesma cantidade, porque o esforzo que supón a cobertura urxente é igual para un grupo A2 que para un C2, por exemplo.

A CIG fai constar que non se teñen en conta nesta proposta, por parte de Emprego Público, a cantidade de adaptacións de postos que ten a Consellería de Política Social, e que vai en aumento e, como consecuencia, as presencias non son reais posto que non desenvolve o mesmo traballo debido a adaptación. Tampouco se tivo en conta a petición de incluír os tempos de programación nas carteleiras das escolas infantís. E non estamos de acordo con que a devolución do exceso de horas do mes de xaneiro se faga co computo anual, xa que iso non fora o acordado.

Indicar a Emprego Público que os postos de reforzo COVID que estaban en quenda, suporían a creación de postos en RPT, tal como se asegurou na última xuntanza. Pola contra suprimíronse, quedando colectivos moi axustadas e insuficientes.

De seguir asi, impoñendo sen negociar, solicitaremos un arbitraxe !!!

Outras novas recentes

Xoves, 29 Outubro 2026

Primeira xuntanza con Educación por un Acordo para o Persoal Non Docente: unha perda de tempo

A CIG denuncia a falta de compromiso e de vontade negociadora da Consellaría e advirte de que non vai permitir que se siga adiando unha reivindicación histórica do persoal non docente. As expectativas xeradas pola apertura dunha vía de negociación coa Consellaría de Educación para acadar un acordo que dea resposta ás demandas do persoal non docente quedaron frustradas na...
Venres, 06 Novembro 2026

Convocatoria para elección de destino definitivo: auxiliar de xerocultura e PSX

No DOG do 06/11/2026 publican a RESOLUCIÓN do 2 de novembro de 2026 pola que se convocan para a elección de destino definitivo as persoas aspirantes que superaron os procesos selectivos para o ingreso no corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C2, escala auxiliar de xerocultor/a e...
Xoves, 05 Novembro 2026

A CIG mobilízase para reclamar salarios dignos fronte á carestía da vida

XFcfJrNfTHw A CIG-Administración reivindica o estabelecemento dunha cláusula de revisión ao IPC, medidas que faciliten o acceso á vivenda e mellores condicións laborais Máis de 200 delegadas e delegados dos distintos sectores que integran a CIG-Administración Pública manifestáronse este mércores 4 de novembro en Compostela contra a perda de poder adquisitivo do persoal...