Novas por contido

Na mesa xeral do día 15/10/2024 a Xunta declara que vai introducir na LEPG (art 24.2) unha penalización para o persoal temporal ou interino que non supere o período de proba consistente en 6 meses de baixa nas listas de contratación.

Non nos parece serio que dun día para outra nos traian modificacións deste calado. Queremos datos sobre canto persoal non supera o período de proba e tamén saber as causas polo que non se fai. Deducimos que para a administración é máis doado adoptar medidas sancionadoras que corrixir problemas cando estes poden ser derivados de moi variadas causas, organizativas, de saúde, etc. E ao mesmo tempo, unha modificación que pode restrinxir dereitos ten que estar moi xustificada e definida nun protocolo que non deixe lugar á arbitrariedade dalgún xefe inmediato ou intermedio. Solicitamos que se retire e se dea tempo para unha reflexión sobre o asunto.

Tamén manifestan a súa intención de abordar nun futuro próximo a modificación do decreto de listas, aínda que agora queren introducir os seguintes cambios que xa estaban operando:

1. Adaptar o decreto ás sentenzas no que se refire á valoración do tempo de traballo en entidades instrumentais que non sexan do sector público autonómica. Isto deriva de sentenzas sobre a prestación de servizos en TRAGSA, empresa do sector público estatal.
2. Reducir os días do notifica de 5 a 2.
3. Introducir unha disposición adicional para no caso do persoal do SPIF valorar por unha soa vez os servizos prestados ata 30 de maio de 2023 como persoal laboral das categorías equivalentes.

Ademais destas modificacións, na lei de medidas fiscais e administrativas para o 2025 e con vixencia limitada a ese ano, SE MANTÉN en materia de listas de contratación a posibilidade de que para garantir a dispoñibilidade de persoal en determinadas categorías se habilita a vía de que no caso de non haber persoal nas listas se solicite persoal a través do Servizo Público de Emprego.

As escalas e categorías serían as seguintes:

Categorías profesionais 2 do grupo I (titulado/a superior médico/a), 2 do grupo II (ATS, enfermeiro/a, practicante, DUE), nas categorías profesionais 65 (oficial 1ª cociña, oficial 1ª cociñeiro, xefe/a de cociña, cociñeiro/a 1ª), 69 (oficial de servizos técnicos, oficial 1ª mantemento, oficial 1ª de oficios varios, oficial de primeira) do grupo III, nas categorías profesionais 3 (auxiliar sanitario, auxiliar de clínica, auxiliar psiquiátrico, auxiliar de enfermaría, coidador/a xeriátrico, coidador/a), 4 (auxiliar fogar, coidador/a auxiliar, auxiliar coidador/a, auxiliar de internado), 5 (oficial 2ª de cociña, cociñeiro/a 2ª) e 6 (axudante/a de servizos técnicos, oficial 2ª de mantemento) do grupo IV e categoría profesional 1 (camareiro/a- limpador/a, axudante/a de cociña, pasador/a de ferro -lavandeiro/a, costureiro/a, cortador/a, pasador/a de ferro e lavandeiro/a) do Grupo V do V Convenio colectivo único para o persoal laboral da Xunta de Galiza ou, de ser o caso, para o nomeamento de persoal interino para o desempeño con carácter transitorio de prazas reservadas a persoal funcionario na escala de facultativos especialidade de medicina (subgrupo A1), na escala de técnicos facultativos especialidade de enfermaría (subgrupo A2) na escala técnica de cociña (subgrupo C1), escala técnica de mantemento (subgrupo C1), na escala de auxiliares de clínica (subgrupo C2), escala auxiliar de coidadores (subgrupo C2), escala auxiliar de cociña (subgrupo C2), escala auxiliar de mantemento (subgrupo C2) e  na especialidade de persoal de limpeza e cociña da agrupación profesional.

Tamen manteñen durante o ano 2025 a reducción do período de penalización de 6 meses e a exención de coñecemento do galego ao persoal citado a través do SEPE e que ten un marcado acento ideolóxico tal e como vos contamos aquí: ¡FUERA GALLEGO!

 

Outras novas recentes

Luns, 19 Outubro 2026

Convocatoria promoción interna A2-Inspección de consumo (para MSF 20/10/26)

A Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal convoca Mesa Sectorial de Negociación de Persoal Funcionario para o martes 20 de outubro, para discutir a convocatoria da promoción interna á escala de inspección de consumo, subgrupo A2. Descargar. Outra vez nos envían a documentación sen tempo abondo para a súa difusión e preparación, sen unha negociación...
Mércores, 21 Outubro 2026

A loita polas condicións laborais do Persoal Non Docente dos centros de ensino

Logo de anos de loita semella que comeza a verse algo de luz ao final do túnel, estamos expectantes ante a reunión que nos agarda. Creemos que é fundamental unha regularización e actualización das funcións así como dotar dunha estrutura organizativa departamental encamiñada á profesionalización, acorde coas novas realidades técnicas  e  que dea resposta ás necesidades...
Venres, 23 Outubro 2026

Voto en contra do PP a máis cursos de galego e á xornada completa do persoal lingüista (Pleno do Parlamento do 20/10/26)

Un grupo nutrido grupo de lingüistas e unha representación da CIG acudimos ao Pleno do Parlamento o 20 de outubro, onde se debateu sobre a situación límite que está a soportar este persoal e a altísima demanda de formación en galego desatendida ano tras ano pola Escola Galega de Administración Pública (EGAP). O BNG presentou unha iniciativa para ampliar a dotación de cursos...