Novas por contido

A Inspección de Traballo e Seguridade Social vén de requirir ao AGACAL, após a denuncia da CIG, que corrixa os graves incumprimentos en materia de prevención de riscos laborais no CIAM de Mabegondo

A Proposta de requirimento de data 6/11/2025 confirma oficialmente as deficiencias denunciadas pola CIG e obriga á empresa a poñer en marcha medidas que levan anos sendo reclamadas polo persoal. A denuncia presentouse no mes de xuño ante o aumento da sinistrabilidade no CIAM causada pola excesiva de carga de traballo por falta de persoal e un accidente grave.

Dende a CIG estamos a realizar un seguimento estrito do cumprimento de todas as obrigas para garantir a seguridade e saúde de todo a cadro de persoal.

Contido do requirimento:

  1. Accidentes mal comunicados
    Comunicación dos accidentes fóra do prazo legal ou non comunicación.
    A Inspección obriga a cumprir estritamente os prazos de comunicación.
  2. Uso de maquinaria non segura
    Maquinaria sen marcado CE, nin manual, nin documentación obrigatoria, e sen adaptación ao RD 1215/1997.
  3. Falta de mantemento dos equipos
    Comprobouse que non existe mantemento adecuado nin rexistros completos.
    A empresa deberá presentar un inventario de equipos, manuais, mantementos e autorizacións de uso.
  4. Falta de avaliacións obrigatorias
    A Inspección obriga a realizar:
    - Avaliación de riscos psicosociais (por sobrecarga, falta de persoal, estrés, etc.).
    - Avaliación de riscos biolóxicos, imprescindible polo contacto diario con animais e materiais de orixe animal.
  5. Planificación preventiva caducada
    A planificación vixente é de 2019–2021 e non se cumpriu nin se renovou.
    A empresa deberá elaborar unha nova planificación e demostrar o seu cumprimento.
  6. Dereitos dos delegados e delegadas de prevención
    A empresa non informou adecuadamente dos accidentes e danos á saúde.
    A Inspección lembra que os/as delegados/as teñen dereito a ser informados/as de inmediato.

A CIG valoramos positivamente a resolución e queremos destacar a trascendencia deste requerimento:

  • Obriga a facer inversións en renovación que non estaban previstas no cronograma de desmantelamento do CIAM da actual directiva de AGACAL e da Consellería do Medio Rural. Os últimos investimentos en maquinaria para unha renovación parcial foran no período 2006-2008, e a meirande parte de equipos son moito máis antigos.
  • Pon o foco na relación directa entre falta de persoal e aumento do risco, tal como na CIG levamos denunciando, moi especialmente, nos últimos dous anos.
  • Alerta dos incumprimentos reiterados da Consellería do Medio Rural en materia de información á representación sindical, investigación dos accidentes, medidas correctoras.

 

Outras novas recentes

Venres, 30 Outubro 2026

Nomeamentos como persoal funcionario de carreira e apertura do prazo posesorio de varios procesos selectivos

No DOG do 30/10/2026 publican: - RESOLUCIÓN do 23 de outubro de 2026 pola que se nomean persoal funcionario de carreira no corpo de axudantes de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C1, escala técnica de condución, as persoas aspirantes que superaron algún dos procesos selectivos convocados polas...
Xoves, 05 Novembro 2026

Seaga paraliza o seu primeiro plan de igualdade após tentar aprobalo sen negociación efectiva

A sociedade mercantil pública autonómica cancelou dúas reunións consecutivas e deixou a negociación sen nova data. A CIG Administración Autonómica exixe retomar de inmediato os traballos, completar a diagnose e acordar medidas reais para o persoal. A CIG, sindicato maioritario nos comités de empresa da Coruña, Lugo e Ourense, denuncia as actuación da Empresa Pública de...
Venres, 30 Outubro 2026

Convocatorias de oposicións: xestión ambiental, C1, auxiliar de cociña, auxiliar de coidadores, subalterna e limpeza e cociña

No DOG do 30/10/2026 publican: - RESOLUCIÓN do 23 de outubro de 2026 pola que se convoca o proceso selectivo mediante o sistema de concurso-oposición para o ingreso, pola quenda de acceso libre e promoción interna, no corpo de técnicos de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, grupo B, escala de axentes...