Novas por contido

Nas mesas xerais que se celebraron estes días insistimos no que preguntamos na anterior Comisión de Persoal do 19/09/24: cal é a situación de TODOS os concursos de traslados convocados (listados provisionais de admitidos, elección de postos, toma de posesión), e dos NON CONVOCADOS (cando pensan comezar as negociacións, cando convocan, etc...)?

Facemos constar que neste momento hai convocados 6 concursos e queremos coñecer en que estado están:

F0424 - CONCURSO DE ADMINISTRACIÓN XERAL 2024.
F0324 - ESCALAS DE ENXEÑARÍAS, ARQUITECTURAS, CIENCIAS.
F0224 - INSPECCIÓN E AXENTES INSPECCIÓN DE CONSUMO.
F0124 - CONCURSO DE GARDACOSTAS 2024.
F0223 - ESCALAS SERVIZO DE PREVENCIÓN DE INCENDIOS.
F0123 - AXENTES AMBIENTAIS/FORESTAIS.

Non acabamos de entender por que non se convoca o resto tendo en conta que en moitos deles o número de efectivos que vai concursar é mínimo, poñemos por exemplo a escala de arqueoloxía onde ademais o anterior concurso se convocou dentro do de especiais.

De telos convocados e resoltos “sobre o papel” xa se tería avanzado para no momento de finalización de procesos selectivos e promocións internas, facer todas as tomas de posesión simultáneas.

Están traballando neles.

Están traballando coas consellerías o asunto dos concursos específicos.A directora xeral comenta que están traballando nas listas definitivas de algúns como por exemplo o de administración xeral. E aí remata a explicación.

Procesos selectivos

Listas provisionais admitidos/excluídos: a finais do 2023 publicaron varias convocatorias de oposicións. Moitos meses despois (vai para un ano), varios procesos seguen sen publicar as listaxes provisionais de persoas admitidas/excluídas. Cando as van a publicar? Van a compensar os gastos de academias e ou de quen deixou de traballar, a quen quede excluído despois dun ano en academias? Aquí poñemos algúns casos:


De acceso libre:

• Xuño/2023: letrados
• Novembro/2023: delineantes, mantemento de servizos, análise de laboratorio, PSX (intelectuais), limpeza e cociña (D.I.)
• Xaneiro/2024: veterinarios, bioloxía, subinspección urbanística, auxiliar de laboratorio, xerocultor, PSX, subalterno (D.I.), téc. de finanzas, enfermaría, educadores.

De promoción interna:

• Novembro/2023: corpo superior, xestión, administrativo, auxiliar.
• Xaneiro/2024: informática-A1 e A2, finanzas-A1, varias enxeñarías-A1 e A2, inspección de consumo.

A directora di que se está cumplindo o cronograma publicado o 6 de agosto, que hai anunciados exames para o 19 de outubro, para o 16 e 17 de novembro, para o 14 de decembro e no caso da promoción interna de corpos xerais para finais de xaneiro e principios de febreiro. Que se publicarán listas de admitidos e se irán nomeando tribunais. Que están traballando

Modelo de promoción interna: volvemos a insistir na necesidade de cambiar de modelo. O caso da promoción interna ao C2 é sangrante. E facemos a reflexión necesaria de que si é posible acceder á condición de persoal funcionario por sistemas diferentes ao do concurso-oposición, tamén o debe ser para a promoción interna.

Outras novas recentes

Venres, 23 Outubro 2026

Voto en contra do PP a máis cursos de galego e á xornada completa do persoal lingüista (Pleno do Parlamento do 20/10/26)

Un grupo nutrido grupo de lingüistas e unha representación da CIG acudimos ao Pleno do Parlamento o 20 de outubro, onde se debateu sobre a situación límite que está a soportar este persoal e a altísima demanda de formación en galego desatendida ano tras ano pola Escola Galega de Administración Pública (EGAP). O BNG presentou unha iniciativa para ampliar a dotación de cursos...
Luns, 19 Outubro 2026

Destinos e convocatoria oposicións (axen. ambientais, c2-cociña, coidador, subalterno, limpeza, e P.I. administrativo) (MSF 16/10/26)

Na Mesa Sectorial de Negociación do Persoal Funcionario (MSF), discutimos coa Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal (DXEP), as bases das convocatorias de varios procesos selectivos. Na rolda aberta de intervencións, a DXEP deu información sobre a convocatoria de elección de postos de diversas escalas. Convocatoria de procesos selectivos Respecto das...
Luns, 19 Outubro 2026

Convocatoria promoción interna A2-Inspección de consumo (para MSF 20/10/26)

A Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal convoca Mesa Sectorial de Negociación de Persoal Funcionario para o martes 20 de outubro, para discutir a convocatoria da promoción interna á escala de inspección de consumo, subgrupo A2. Descargar. Outra vez nos envían a documentación sen tempo abondo para a súa difusión e preparación, sen unha negociación...