Novas por contido

Xuntanza do 31 de outubro do Comité Intercentros co obxectivo de tratar os moitos problemas que afectan sobre todo ás escolas infantís, tanto da Axencia coma do Consorcio:

1. Número de usuarios/as das E.I. por escola e franxas horarias. A Secretaria informa en que co acordo aumentouse o persoal cun reforzo de 14 persoas, e que en escolas da Axencia pódese alcanzar a parella ou máis, progresivamente. Teñen intencion de unificar e acadar as parellas educativas en todas as escolas da Axencia. Insiste en que non está obrigado pola normativa a dar os datos de usuarios/as por franxa horaria . Que van a ver o que poden facer, que o van a valorar. A CIG considera un dato fundamental para poder avaliar o cumprimento das ratios.

2. Horario de programación e avaliación escolar. A secretaria informa de que que se van a negociar e se van a ofrecer cando menos tres propostas para valorar e negociar. Dende a CIG entendemos que tal e como relexa o Decreto 150/2022 do currículo da educación infantil en Galiza, os claustros débense reunir ao completo, as xuntanzas de equipo son precisas, estimando os tempos de programación e avaliación necesarios, debendo implementarse un modelo unificado de avaliación como no segundo ciclo. Ademais os resultados das avaliacións psicosociais mostran de xeito palmario a grande afectación que para o persoal ten este xeito de traballar

3. Implantación da parella educativa de xeito universal. Segundo sinala a secretaria: co aumento de persoal e a raíz da parella no Consorcio, xa hai esta tendencia na Axencia. Que se pode alcanzar a parella en moitos centros. Refiren a que teñen a vontade de facelo paulatinamente.

4. Revisión de horarios de apertura e peche. Moitas veces o establecemento dos horarios non atende a cuestións formais ou de matricula, nin sequera do RRI. Senón á presión das familias, dándose diferencias entre centros. Informan que tentarán que se melloren as condicións das traballadoras pero que non supoña un prexuízo para as familias e estudarán a posibilidade de solicitar unha xustificación do horario segundo os casos

5. Eliminación das xornadas partidas e medias xornadas. Aseguran que xa non quedan medias xornadas. En canto as xornadas partidas, van facer un estudo, para ver si reorganizando se poden eliminar. No caso de non poder, estudiaran cantos postos serian necesarios, canto sería o custe, e trasladar a fecenda para tentar aumentar postos. Estudarán as posibilidades.

6. Implantación de cociña de xestión propia en todas as escolas. Dende a CIG reivindicamos os servizos públicos e de calidade fronte á privatización. Non dan resposta

7. Compromiso de respectar os dereitos recollidos no V Convenio Colectivo. A maioría da xente está funcionarizada ou en proceso e dereitos como os días de descanso do 24, 31 de decembro e ausencias masivas e outro tipo de dereitos recollidos no convenio, que xa están consolidados. Segundo a Secretaria: non se ten pensado cambiar o criterio de cando abre unha escola. A pesar do que indique o texto, informa que se seguirán aplicando os mesmos criterios. Deixou o texto como “aberto” pero que todo continuará como antes (cunha escola de garda).Pensan que a futuro se tenderá a unificar para que toda a rede pública funcione cos mesmos criterios. Comunican o peche das escolas o dia 30 de decembro

8. Escolas cualificadas como PAI e funcións dos PSX. Refiren que non ven problema en que as escolas esté cualificadas como PAI pero concordan en que os/as PSX non deben ter asignadas tarefas educativas, asi como que o persoal educativo non realice función de PSX nos centros onde se carece destes profeionais. Van tamén facer un estudo de que persoal seria necesario e o custe.

9. Menús únicos. Refiren que o tema da alimentación se fai dende ano 2021 en colaboración coa Consellería de Sanidade. Que é unha cuestión que se traslada unicamente dende Relfas, así que non entenden onde están os problemas...

Esto foi o tratado o 31, máis hoxe día 5 o Consorcio falta unha vez máis aos seus compromisos e remite de xeito unilateral unha orde sobre cómo se debe proceder coas horas de titorías, quedando en fume o que dixeron na xuntanza de intercentros

Outras novas recentes

Luns, 09 Novembro 2026

A CIG convoca 17 mobilizacións por todo o país na xornada de folga xeral do 11N

A central nacionalista empraza a clase traballadora galega a visibilizar a parálise da actividade económica e laboral da xornada de 24 horas asistindo masivamente ás marchas A CIG anunciou a convocatoria dun total de 17 mobilizacións por todo o país durante a xornada de folga xeral prevista para o vindeiro 11 de novembro baixo o lema 'Galiza en loita por unha vida digna'...
Venres, 13 Novembro 2026

Agacal, Gain e Intecmar quedan para a seguinte OEP de funcionarización

A directora xeral de Emprego Público comunicounos na Mesa Xeral do 10 de novembro de 2026 que o persoal de AGACAL, GAIN e INTECMAR quedará para a seguinte OEP de funcionarización (para a cal non teñen data) porque aínda non está integrado. A integración é un requisito previo para que o persoal que o desexe poida funcionarizarse. Sen convocatoria á CIG para as negociacións...
Venres, 13 Novembro 2026

RPT Emprego, Comercio e Emigración (11/11/26)

A Consellería de Emprego, Comercio e Emigración, convocou aos sindicatos a unha xuntanza para falar da súa proposta de modificación da Relación de Postos de Traballo da consellería. Descargar Contactamos coa consellería para pedir explicacións polo feito de que nos convocasen con menos de 48 horas de antelación (restando a xornada de Folga Xeral), o que imposibilita estudar...