Novas por contido

En resposta ao desastre producido pola DANA de Valencia, a Xunta de Galiza está a solicitar persoal voluntario entre o persoal das consellarías de Medio Rural e Medio Ambiente e Cambio Climático. A información foi anunciada á prensa, e está a circular por grupos de whatsapp.

A CIG-Autonómica está conforme coa necesidade de axudar ás persoas damnificadas e a restablecer os servizos públicos, pero como representantes dos traballadores e traballadoras ao servizo da Administración de Galiza, queremos información.

Queremos coñecer que tipo de persoal é o que se quere movilizar, os medios que van a utilizar (incluíndo os equipos de protección individual), e as condicións en que van a desenvolver o seu traballo.

A CIG ven de remitir un escrito solicitando información ás secretarías xerais técnicas das consellarías de Medio Rural e de Medio Ambiente e Cambio Climático, así como á Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal.

Outras novas recentes

Xoves, 05 Novembro 2026

Seaga paraliza o seu primeiro plan de igualdade após tentar aprobalo sen negociación efectiva

A sociedade mercantil pública autonómica cancelou dúas reunións consecutivas e deixou a negociación sen nova data. A CIG Administración Autonómica exixe retomar de inmediato os traballos, completar a diagnose e acordar medidas reais para o persoal. A CIG, sindicato maioritario nos comités de empresa da Coruña, Lugo e Ourense, denuncia as actuación da Empresa Pública de...
Venres, 06 Novembro 2026

Convocatoria para elección de destino definitivo: auxiliar de xerocultura e PSX

No DOG do 06/11/2026 publican a RESOLUCIÓN do 2 de novembro de 2026 pola que se convocan para a elección de destino definitivo as persoas aspirantes que superaron os procesos selectivos para o ingreso no corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C2, escala auxiliar de xerocultor/a e...
Venres, 30 Outubro 2026

Convocatorias de oposicións: xestión ambiental, C1, auxiliar de cociña, auxiliar de coidadores, subalterna e limpeza e cociña

No DOG do 30/10/2026 publican: - RESOLUCIÓN do 23 de outubro de 2026 pola que se convoca o proceso selectivo mediante o sistema de concurso-oposición para o ingreso, pola quenda de acceso libre e promoción interna, no corpo de técnicos de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, grupo B, escala de axentes...