Novas por contido

A Consellería do Medio Rural convocounos ás OOSS o martes 19 de novembro a unha reunión para, según nos informan, adecuar a rpt aos cambios realizados na estructura logo das eleccións autonómicas. Logo de examinar a documentación e de reclamar que non envían memoria económica, alegamos:

Nesta RPT, da que non se acompaña memoria económica, máis que segundo os cáculos da CIG supoñen un diferencial de 358,000 euros, é a primeria vez na que se amortizan as prazas de Xefe/a Territorial para crear prazas de Director/a Territorial, abertas á cobertura por parte de persoal non funcionario e polo tanto, acubillo futurible de colocacións de políticos/as amigos/as en horas baixas...

Aproveitamos para reclamar que a xefatura de negociado de nova creación e que denominan “unidade de apoio administrativo” se abra aos grupos A2, cousa que non consideran porque refiren que é unha unidade na que se pretende, sen máis, un traballo con programas ofimáticos...

Solicitamos a igualdade na denominación dos postos creados na Coruña e en Lugo como “Posto base subgrupo A1” do SPIF” a “Técnico/a Apoio SPIF” e se abran ao A2.

Reclamamos tamén que todas as brigadas leven xefe/a de brigada que se faga responsable e, polo tanto, se creen as prazas necesarias para esta cobertura, tal como dende a CIG xa reclamamos en varias ocasións.

Solicitamos información se está en funcionamento a UDEX e cando se van a poñer as prazas na RPT e insistimos que se creen as 57 prazas na UIFO, 3 por distrito que se comprometeran. Refiren que estes temas non se van tratar nesta RPT e que a partires de xaneiro se concertarían nunha nova reunión...

Outras novas recentes

Martes, 27 Outubro 2026

A Xunta pretende pechar en falso a negociación do persoal lingüista (grupo I-40) após dous meses sen facilitar os datos básicos

A CIG denuncia que a Consellaría de Cultura convoca a terceira mesa de negociación sen achegar a información sobre cargas de traballo, necesidades de persoal e externalizacións, nin ofrecer garantías contra a precariedade, a desregulación e as desigualdades salariais.  O 20 de outubro, Casares, deputado do PP, anunciaba no Pleno do Parlamento un principio de acordo, acadado...
Luns, 19 Outubro 2026

Convocatoria promoción interna A2-Inspección de consumo (para MSF 20/10/26)

A Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal convoca Mesa Sectorial de Negociación de Persoal Funcionario para o martes 20 de outubro, para discutir a convocatoria da promoción interna á escala de inspección de consumo, subgrupo A2. Descargar. Outra vez nos envían a documentación sen tempo abondo para a súa difusión e preparación, sen unha negociación...
Venres, 23 Outubro 2026

Voto en contra do PP a máis cursos de galego e á xornada completa do persoal lingüista (Pleno do Parlamento do 20/10/26)

Un grupo nutrido grupo de lingüistas e unha representación da CIG acudimos ao Pleno do Parlamento o 20 de outubro, onde se debateu sobre a situación límite que está a soportar este persoal e a altísima demanda de formación en galego desatendida ano tras ano pola Escola Galega de Administración Pública (EGAP). O BNG presentou unha iniciativa para ampliar a dotación de cursos...