Novas por contido

O día 21/11/2024, a Dirección Xeral de Emprego Público colgou unha nota informativa na súa páxina web sobre a proba física de varias categorías dos procesos do Servizo de prevención e defensa contra incendios forestais SPIF).

Dado que esta nota é incompleta, xera dúbidas e dela se poden derivar graves consecuencias, dende a CIG vimos de reclamarlle hoxe á DXEP que con carácter de urxencia:

• Se publique o listado das persoas que están obrigadas a acudir á mesma.
• Que se indique a hora e o lugar das mesmas.
• Que se publiquen instrucións claras e concisas de como actuar en caso de baixa por IT, embarazo, etc.

E ademais, debido ás prolongadas esperas que se están a sufrir en moitas localidades para conseguir unha cita para a expedición dos certificados médicos, esiximos que se aclare canto antes.

E a maiores lembrámoslles ás persoas que están pendentes das probas físicas, que as mesmas están establecidas nos puntos 2.7.2 e 2.7.3 dunha resolución publicada no DOG do 23 de xaneiro de 2023

Outras novas recentes

Venres, 30 Outubro 2026

Convocatorias de oposicións: xestión ambiental, C1, auxiliar de cociña, auxiliar de coidadores, subalterna e limpeza e cociña

No DOG do 30/10/2026 publican: - RESOLUCIÓN do 23 de outubro de 2026 pola que se convoca o proceso selectivo mediante o sistema de concurso-oposición para o ingreso, pola quenda de acceso libre e promoción interna, no corpo de técnicos de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, grupo B, escala de axentes...
Venres, 30 Outubro 2026

Nomeamentos como persoal funcionario de carreira e apertura do prazo posesorio de varios procesos selectivos

No DOG do 30/10/2026 publican: - RESOLUCIÓN do 23 de outubro de 2026 pola que se nomean persoal funcionario de carreira no corpo de axudantes de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C1, escala técnica de condución, as persoas aspirantes que superaron algún dos procesos selectivos convocados polas...
Martes, 27 Outubro 2026

A Xunta pretende pechar en falso a negociación do persoal lingüista (grupo I-40) após dous meses sen facilitar os datos básicos

A CIG denuncia que a Consellaría de Cultura convoca a terceira mesa de negociación sen achegar a información sobre cargas de traballo, necesidades de persoal e externalizacións, nin ofrecer garantías contra a precariedade, a desregulación e as desigualdades salariais.  O 20 de outubro, Casares, deputado do PP, anunciaba no Pleno do Parlamento un principio de acordo, acadado...