Novas por contido

O pasado xoves día 21 de novembro, tivo lugar unha xuntanza do Comité de Seguridade e Saúde Laboral de Medio Ambiente (en adiante CSSL), onde se tratou o tema da influenza aviaria e información sobre o Centro de Recuperación de Fauna Salvaxe de Santa Cruz, como único punto na orde do día ademais da rolda de intervencións.

Dende a Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático déusenos traslado do Protocolo de vixilancia da gripe aviaria en humanos, elaborado pola Consellería de Sanidade, ademais dunha circular informativa, da Dirección Xeral de Patrimonio Natural, respecto á vixilancia pasiva a desenvolver por parte da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático sobre a detección do virus de influencia aviar, entre outra información referente a este tema.

A CIG solicitou unha simplificación dos documentos que se lle vaian achegar aos traballadores e traballadoras para facer máis sinxela a súa lectura e comprensión. A Presidenta do CSSL tivo a ben a iniciativa e comprometeuse a realizar uns dípticos para entregar ao persoal. Por outro lado, tamén solicitou dos delegados e delegadas de prevención a nosa colaboración para que as persoas traballadoras tomen todas as medidas e preventivas postas a súa disposición cando nos atopemos en situacións que poidan ser posibles causas de gripe aviaria.

Na rolda de intervencións a Presidenta do CSSL de Medio Ambiente xa nos adiantou que proximamente terá lugar unha xuntanza do CSSL de Medio Ambiente, cun monográfico para tratar a situación en canto a prevención de riscos laborais no Parque Nacional das Illas Atlánticas, a petición da CIG.

Por último, sinalar que a xuntanza do CSSL realizouse de xeito presencial, accedendo desta maneira a Presidenta do comité a unha demanda da maioría dos delegados e delegadas de prevención de riscos laborais.

Outras novas recentes

Venres, 13 Novembro 2026

Promoción interna de corpos xerais; funcionarización en excedencia; finanzas-veterinarios/as-agacal-gain-intecmar (MSF e MX 10/11/26)

O martes 10, véspera da Folga Xeral, asistimos á Mesa Xeral e Mesa Sectorial de Persoal Funcionario, nas que se trataron as convocatorias de promoción interna a corpos xerais e dos procesos de funcionarización de persoal laboral fixo que está en excedencia. Na rolda aberta de intervencións a DXEP deu información da escala de finanzas, da repesca de funcionarización de...
Xoves, 05 Novembro 2026

A CIG mobilízase para reclamar salarios dignos fronte á carestía da vida

XFcfJrNfTHw A CIG-Administración reivindica o estabelecemento dunha cláusula de revisión ao IPC, medidas que faciliten o acceso á vivenda e mellores condicións laborais Máis de 200 delegadas e delegados dos distintos sectores que integran a CIG-Administración Pública manifestáronse este mércores 4 de novembro en Compostela contra a perda de poder adquisitivo do persoal...
Xoves, 05 Novembro 2026

Seaga paraliza o seu primeiro plan de igualdade após tentar aprobalo sen negociación efectiva

A sociedade mercantil pública autonómica cancelou dúas reunións consecutivas e deixou a negociación sen nova data. A CIG Administración Autonómica exixe retomar de inmediato os traballos, completar a diagnose e acordar medidas reais para o persoal. A CIG, sindicato maioritario nos comités de empresa da Coruña, Lugo e Ourense, denuncia as actuación da Empresa Pública de...