Novas por contido

A CIG solicita a negociación urxente dun acordo de condicións de traballo para o persoal da Consellaría de Medio Ambiente e Cambio Climático e a negociación da RPT para solucionar a discriminación entre o seu persoal

Ante a funcionarización chapuza, a inminente estabilización, a creación de novas escalas con funcións imposibles e a falta dun horizonte claro para o persoal da Consellaría de Medio Ambiente e Cambio Climático (CMACC), a CIG ven de rexistrar unha solicitude para reactivar con urxencia a negociación da RPT e a negociación dun acordo de condicións de traballo para o persoal.

Sobran os motivos…

O desembarco do persoal funcionarizado e estabilizado na CMACC resúmese nun “ti tira pa diante que malo será”. Agora o resultado en RPT é pura discriminación entre postos da mesma escala e especialidade que teñen as mesmas responsabilidades e funcións. Para incidir máis nesta desorganización  estableceron especialidades con funcións abusivas propias de grupos superiores, como solución ás necesidades, pero a prezo de saldo!

Comecemos polas novas escalas creadas na LEPG no 2022 pois necesitan unha revisión de urxencia. Parece que a tormenta de ideas que tiveron na consellaría con fución pública non tivo asesoramento profesional, pois entre outras funcións decidiron que era unha idea xenial incluír o manexo de embarcacións e tractores forestais para todos, pero sen ter en conta a necesidade de formación profesional, a asunción de responsabilidades ou as obrigas legais de quen manexa.

Seguimos coas RPT, no último semestre de 2024 realizáronse dúas modificacións de RPT xenéricas que afectaron notablemente a RPT da CMACC. As modificacións non foron negociadas, pois consideráronse de urxencia coa excusa da funcionarización e da estabilización (Lei 20/21).

Por unha banda a RPT de funcionarización certificou a discriminación entre postos homólogos. O motivo foron as diferentes sentenzas gañadas polo 90% do persoal que lles recoñecen dereitos económicos polas funcións propias da categoría. A CIG solicitou expandir o dereito a todo o persoal con iguais condicións, o que suporía evitar a discriminación cun custe mínimo no orzamento, máis non fomos escoitados. En consecuencia agora na RPT existen oficiais nivel 18 e de nivel 12 e uns gardas de rrnn nivel 16  e con “mochila de funcionarización” de 1400 euros/ano e outros con 4 niveis menos e sen “mochila”. No laboral as condicións son as mesmas!

Por outra banda a creación de postos en RPT paralizada en 2022, despachárono nunha semana. Os postos creáronse en niveis base, acentuando máis a discriminación e no caso dos postos do Parque Nacional Illas Atlánticas, afiánzase como un “destino laboral precario no paraíso natural”, postos ata 6 niveis por debaixo dos seus homólogos e a non aplicación do acordo de condicións de traballo xa pactado, pero ben gardado no conxelador dende 2023.

E agora, cal é o plan? A mesma responsabilidade desigual retribución?

Co fin de mellorar as condicións de traballo do persoal e equilibrar a RPT desta consellaría  a CIG esixe:  

- Convocar con urxencia a Mesa de negociación  para o acordo de condicións de traballo do persoal da CMACC.
- Convocar con urxencia a Mesa de negociación de modificación da RPT da CMACC

Outras novas recentes

Venres, 30 Outubro 2026

Convocatorias de oposicións: xestión ambiental, C1, auxiliar de cociña, auxiliar de coidadores, subalterna e limpeza e cociña

No DOG do 30/10/2026 publican: - RESOLUCIÓN do 23 de outubro de 2026 pola que se convoca o proceso selectivo mediante o sistema de concurso-oposición para o ingreso, pola quenda de acceso libre e promoción interna, no corpo de técnicos de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, grupo B, escala de axentes...
Xoves, 29 Outubro 2026

BYE, BYE FABIOLA!

Hai despedidas tristes. Cando unha compañeira ou compañeiro de traballo abandona porque non pode manter á súa familia co salario que cobra, ou remata farta e con medo ás agresión que todas e todos sufrimos. eowpzSxtLVM| Nestes últimos tempos, marcados polos conflitos en ensino infantil 0-3, en menores, na discapacidade, en dependencia, en residencias, nos SAF, servizos...
Mércores, 28 Outubro 2026

Xuntanza para a modificación da Orde de horarios do Servizo de Gardacostas (23/10/2026)

Despois da reunión de mesa sectorial de hai un mes onde se abordou a modificación da Orde do 2 de maio de 2006 pola que se establece o réxime de prestación de servizos, horarios, vacacións, licenzas e permisos e compensacións económicas para percibir polo persoal do Servizo de Gardacostas de Galiza, é previo á levar o texto á Comisión de Persoal onde se aprobaría, a...