Novas por contido

Tal e como os servizos xirídicos da CIG denunciaron no seu momento, o atropelo manifesto realizado pola Consellería de Medio Rural que desencadeou a folga na vaga de incendios do 2020, e as represalias ilegais cometidas contra as nóminas do persoal técnico, ven agora de decaer en firmeza no xulgado posibilitando así que se lle devolva aos/ás traballadores/as o roubado.

Agora so falta, tal e como reclamaron os servizos xurídicos da CIG xa daquela, que as persoas responsábeis desta desfeita e que nomeadamente se corresponden con María Jesús Lorenzana secretaria xeral técnica nese momento da Consellería de Medio Rural, o secretario xeral técnico de Medio Rural, Nicolás Vázquez así como o conselleiro de Medio Rural, Jose González Vázquez que agora xa non están sequera nesta Consellería, asuman as súa responsabilidades ou llas fagan asumir. Ao mesmo tempo valoramos de xeito positivo que o novo equipo da Secrearía Xeral Técnica da Consellería de Medio Rural non recurrise a Sentenza para deste xeito dar carpetezo a esta situación.

Para poder recuperar estas retribución ponte en contacto coa CIG ou no teléfono da sede de Ourense: 988233850

Novas relacionadas

Outras novas recentes

Mércores, 28 Outubro 2026

Xuntanza para a modificación da Orde de horarios do Servizo de Gardacostas (23/10/2026)

Despois da reunión de mesa sectorial de hai un mes onde se abordou a modificación da Orde do 2 de maio de 2006 pola que se establece o réxime de prestación de servizos, horarios, vacacións, licenzas e permisos e compensacións económicas para percibir polo persoal do Servizo de Gardacostas de Galiza, é previo á levar o texto á Comisión de Persoal onde se aprobaría, a...
Venres, 30 Outubro 2026

Nomeamentos como persoal funcionario de carreira e apertura do prazo posesorio de varios procesos selectivos

No DOG do 30/10/2026 publican: - RESOLUCIÓN do 23 de outubro de 2026 pola que se nomean persoal funcionario de carreira no corpo de axudantes de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C1, escala técnica de condución, as persoas aspirantes que superaron algún dos procesos selectivos convocados polas...
Venres, 23 Outubro 2026

Voto en contra do PP a máis cursos de galego e á xornada completa do persoal lingüista (Pleno do Parlamento do 20/10/26)

Un grupo nutrido grupo de lingüistas e unha representación da CIG acudimos ao Pleno do Parlamento o 20 de outubro, onde se debateu sobre a situación límite que está a soportar este persoal e a altísima demanda de formación en galego desatendida ano tras ano pola Escola Galega de Administración Pública (EGAP). O BNG presentou unha iniciativa para ampliar a dotación de cursos...