Novas por contido

Pasou medio ano dende a primeira e última vez que falamos desta proposta coa consellería de Educación (23/07/2024) . Do que aconteceu daquela demos conta aqui e o único que mudou foi que na nova proposta, na vez de amortizar 21 postos para crear 12, amortizan 28 para crear os mesmos 12.

Continuamos invertendo a pirámide de recursos: aumentan os “cargos” e tamén as “cargas” pero as cargas para os/as de sempre, os postos base que sempre minguan: créanse 12 postos abertos a A1/A2/C1 de nivel 25 e 26 salvo dúas xefaturas de negociado de nivel 18 fronte á amortización de 28 postos dos que 17 pertencen a persoal de limpeza, cociña e subalterno (AP nivel 10) de centros de ensino e 11 de persoal administrativo maioritariamente C1 e C2 de nivel 12.

Esta proposta é inaceptable por moitas razóns. A máis evidente é a clara destrución de emprego á que asistimos e que recae, sobre todo nos centros de ensino, incrementando a sobrecarga do persoal porque a única motivación destas amortizacións é que o posto está vacante ou que a supresión débese á acomodación dos rateos establecidos na orde de comedores ou na circular do ano 94.

A CIG entende que tanto a orde de comedores como a circular do ano 94 están obsoletas e non se axustan á realidade actual dos centros. Levamos anos solicitando a negociación destes rateos e a consellería dando a calada por resposta.

Tamén é obsceno que aproveiten para amortizar postos que quedaron vacantes no mes de setembro pero que se neguen a falar das necesidades que agora mesmo hai nos centros ou, o que é peor, a incluír aqueles que se crearon a principio de curso (persoal coidador, enfermeiras, persoal de cociña...) que están dotados economicamente e que de non incluírse nesta RPT non poderán ser ofertados a novas tomas de posesión, concursos de traslados...etc

Outras novas recentes

Venres, 13 Novembro 2026

Agacal, Gain e Intecmar quedan para a seguinte OEP de funcionarización

A directora xeral de Emprego Público comunicounos na Mesa Xeral do 10 de novembro de 2026 que o persoal de AGACAL, GAIN e INTECMAR quedará para a seguinte OEP de funcionarización (para a cal non teñen data) porque aínda non está integrado. A integración é un requisito previo para que o persoal que o desexe poida funcionarizarse. Sen convocatoria á CIG para as negociacións...
Luns, 09 Novembro 2026

A CIG convoca 17 mobilizacións por todo o país na xornada de folga xeral do 11N

A central nacionalista empraza a clase traballadora galega a visibilizar a parálise da actividade económica e laboral da xornada de 24 horas asistindo masivamente ás marchas A CIG anunciou a convocatoria dun total de 17 mobilizacións por todo o país durante a xornada de folga xeral prevista para o vindeiro 11 de novembro baixo o lema 'Galiza en loita por unha vida digna'...
Venres, 13 Novembro 2026

Promoción interna de corpos xerais; funcionarización en excedencia; finanzas-veterinarios/as-agacal-gain-intecmar (MSF e MX 10/11/26)

O martes 10, véspera da Folga Xeral, asistimos á Mesa Xeral e Mesa Sectorial de Persoal Funcionario, nas que se trataron as convocatorias de promoción interna a corpos xerais e dos procesos de funcionarización de persoal laboral fixo que está en excedencia. Na rolda aberta de intervencións a DXEP deu información da escala de finanzas, da repesca de funcionarización de...