Novas por contido

O problema real é a falta de persoal!

Os atrasos na tramitación da dependencia e da discapacidade, tanto no proceso de tramitación, concesión de prestacións etc, teñen unha duración superior a un ano. Durante moitos anos dende a CIG levamos insistindo na creación de novos equipos e na dotación de prazas para que a cidadanía poda acceder nun prazo razoábel aos servizos que se prestan. A Xunta non só se inhibe senón que tenta poñer na diana ao seu propio persoal cunha novidade: achaca o problema á neglixencia das persoas empregadas públicas e non á súa desidia.

E o fai dicindo que se os vai gratificar por “axilizar” o tempo de espera. Como si o problema fose que as esperas de máis dun ano derivasen da indolencia do persoal.

Este persoal está sobrecargado de traballo e a solución non é dar “gratificacións”. A solución é dotar de persoal aos servizos de dependencia e discapacidade, que é precisamente o que a Xunta non fai, darlles participación activa na configuración dos procedementos de concesión e recoñecemento, por ser precisamente os/as mellores coñecedores/as dos problemas e posibles solucións, dignificar o seu traballo e recoñecer a profesionalidade dos/as seus empregados/as públicos/as.

Sen embargo,  crean postos directivos, postos de libre designación, que non incidirán nos tempos de espera xa que non tramitarán un só expediente de dependencia. A demanda de novos equipos conformados por persoal médico/a, psicólogo/a, traballador/a social e postos de administración con negociados e seccións nunca se concretou porque sempre se foi parcheando con equipos de reforzo cunha importante discriminación salarial a respecto do persoal de estructura.

Cos noventa millóns orzamentados poderían crearse ata 200 postos de estructura que é a única posibilidade real de reducir os tempos de agarda para o recoñecemento das prestación da lei da dependencia.

Outras novas recentes

Luns, 09 Novembro 2026

A CIG convoca 17 mobilizacións por todo o país na xornada de folga xeral do 11N

A central nacionalista empraza a clase traballadora galega a visibilizar a parálise da actividade económica e laboral da xornada de 24 horas asistindo masivamente ás marchas A CIG anunciou a convocatoria dun total de 17 mobilizacións por todo o país durante a xornada de folga xeral prevista para o vindeiro 11 de novembro baixo o lema 'Galiza en loita por unha vida digna'...
Venres, 13 Novembro 2026

Agacal, Gain e Intecmar quedan para a seguinte OEP de funcionarización

A directora xeral de Emprego Público comunicounos na Mesa Xeral do 10 de novembro de 2026 que o persoal de AGACAL, GAIN e INTECMAR quedará para a seguinte OEP de funcionarización (para a cal non teñen data) porque aínda non está integrado. A integración é un requisito previo para que o persoal que o desexe poida funcionarizarse. Sen convocatoria á CIG para as negociacións...
Venres, 13 Novembro 2026

Promoción interna corpos xerais; funcionarización en excedencia (para CP 17/11/26)

A directora xeral de Emprego Público e Administración de Persoal convocounos a unha xuntanza da Comisión de Persoal que será o martes 17 de  novembro, coa seguinte Orde do día: Convocatoria do proceso de funcionarización para o persoal laboral fixo que está na situación de excedencia. Descargar Convocatoria de promoción interna ao corpo superior-A1. Descargar Convocatoria...