Novas por contido

Consideramos que non hai que esgotar o prazo dun ano que da lei 5/2024 tanto para o establecemento dos coeficientes redutores da xubilación anticipada como para a constitución da comisión de avaliación de enfermidades profesionais.

A CIG vén de reiterar ante o Goberno español a necesidade de avanzar no establecemento dos coeficientes redutores para a xubilación do persoal bombeiro forestal.

E ao mesmo tempo, por ter a consideración legal de organización máis representativa en base á Lei Orgánica de Liberdade Sindical, vimos de reiterar a nosa intención de formar parte da comisión para a avaliación e recoñecemento das enfermidades profesionais.

Lembramos a potestade das organizacións que ostentamos a condición de máis representativas de participar como interlocutores na determinación das condicions de traballo nas administracións públicas, porque é unha cuestión que moitas veces se está a bloquear por outros sindicatos pactistas que sacan as negociacións do marco legal de mesas de negociación para pactar pola súa conta.

E unha vez máis mostramos a nosa preocupación, polas posibles rebaixas aos dereitos da xubilación do persoal bombeiro forestal: logo de mais de 10 anos de loita polos coeficientes e por un catálogo de enfermidades profesionais que garantan unha vellez digna e saudable, non podemos permitir nin un paso atrás!

As disposicións transitorias da lei 5/2024, do 8 de novembro, básica de bombeiros forestais establecen un período dun ano para dar cumprimento as dúas peticións. Temos tempo, pero compre ir facendo o traballo e non ir aos límites legais cando a seguridade e saúde dos nosos compañeiros e compañeiras está en xogo. 

Outras novas recentes

Venres, 13 Novembro 2026

Promoción interna corpos xerais; funcionarización en excedencia (para CP 17/11/26)

A directora xeral de Emprego Público e Administración de Persoal convocounos a unha xuntanza da Comisión de Persoal que será o martes 17 de  novembro, coa seguinte Orde do día: Convocatoria do proceso de funcionarización para o persoal laboral fixo que está na situación de excedencia. Descargar Convocatoria de promoción interna ao corpo superior-A1. Descargar Convocatoria...
Venres, 13 Novembro 2026

RPT Emprego, Comercio e Emigración (11/11/26)

A Consellería de Emprego, Comercio e Emigración, convocou aos sindicatos a unha xuntanza para falar da súa proposta de modificación da Relación de Postos de Traballo da consellería. Descargar Contactamos coa consellería para pedir explicacións polo feito de que nos convocasen con menos de 48 horas de antelación (restando a xornada de Folga Xeral), o que imposibilita estudar...
Luns, 09 Novembro 2026

Dúbidas ante a folga xeral do 11 de novembro

Respostas ás preguntas máis frecuentes para que todas as persoas traballadoras poida facer valer os seus dereitos Desde a CIG tentamos responder ás principais dúbidas que xiran arredor da convocatoria de Folga Xeral do vindeiro 11 de Novembro para que todas as persoas traballadoras do país poidan facer valer os seus dereitos e secundar a mobilización con liberdade. 1. Cal...