Novas por contido

Despois de meses solicitando reunirnos con Política Social para tratar os tempos de programación nas escolas infantís, acceden para que pareza que negocian, pero xa traen todo pechado.

Este venres 7 de febreiro, o Comité Intercentros reuniuse con representantes do Consorcio, da AGASS e de Política Social. O obxecto da xuntanza era a negociación dos tempos de programación perdidos hai un ano; loita na que a CIG leva dende o inicio. O que nos trasladan é un calendario escolar para o vindeiro curso 25/26 no que do 1 ao 4 de setembro non terían alumnado e o 5 de setembro sería o día de portas abertas.

Tamén indican que teñen dous días para pechar en Nadal, facendo dúas propostas, para escoller unha delas (peche o 22 e o 23 de decembro ou peche o 26 de decembro e o 2 de xaneiro). Pretenden que sexamos nós as que escollamos, e que collamos esa pequena esmola que non representa, en ningún caso, negociación da empresa cos/as representantes dos traballadores/as. De feito, tras expoñer estas cuestións, pretendían dar por finalizada a xuntanza. E logo, non era o motivo da mesma a negociación dos tempos de titorías e programación?

A resposta é que a organización deses tempos xa está decidida e que será como este curso: 3/4 días de peche anticipado (despois do xantar do alumnado) para que os equipos poidan reunirse 2 horas. Preguntamos: 6/8 horas ao curso para programación/titorías/xuntanzas de equipo? Responden: Si. Asemella unha broma, pero é real.

Tamén preguntamos se teñen claras as instrucións para realizar fóra de horario estes tempos por parte das traballadoras que xa non están na súa quenda de traballo, porque desta vez todo foi improvisado. Responden, de maneira pouco convincente, e veñen a dicir que cada quen que queira quedar... que quede, e senón que marche! Que nivel!

Dende a CIG seguiremos exixindo un ensino de calidade dende o primeiro ciclo de educación infantil!

Outras novas recentes

Venres, 30 Outubro 2026

Nomeamentos como persoal funcionario de carreira e apertura do prazo posesorio de varios procesos selectivos

No DOG do 30/10/2026 publican: - RESOLUCIÓN do 23 de outubro de 2026 pola que se nomean persoal funcionario de carreira no corpo de axudantes de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C1, escala técnica de condución, as persoas aspirantes que superaron algún dos procesos selectivos convocados polas...
Venres, 06 Novembro 2026

Convocatoria para elección de destino definitivo: auxiliar de xerocultura e PSX

No DOG do 06/11/2026 publican a RESOLUCIÓN do 2 de novembro de 2026 pola que se convocan para a elección de destino definitivo as persoas aspirantes que superaron os procesos selectivos para o ingreso no corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C2, escala auxiliar de xerocultor/a e...
Xoves, 05 Novembro 2026

Seaga paraliza o seu primeiro plan de igualdade após tentar aprobalo sen negociación efectiva

A sociedade mercantil pública autonómica cancelou dúas reunións consecutivas e deixou a negociación sen nova data. A CIG Administración Autonómica exixe retomar de inmediato os traballos, completar a diagnose e acordar medidas reais para o persoal. A CIG, sindicato maioritario nos comités de empresa da Coruña, Lugo e Ourense, denuncia as actuación da Empresa Pública de...