Novas por contido

Avaliacións de riscos (AR) realizadas:

  • Tarefas de campo. Preséntase a AR das tarefas de campo, realizadas polo persoal da consellería, Biólogos, Capataces explotacións marisqueiras,Analistas e Auxiliares (CIMA), Técnicos investigadores, e Axentes de extensión. 
  • As avaliacións por postos do Servizo de Gardacostas que vimos demandando reiteradamente dende a CIG levaranse a cabo durante o 2025.Solicitamos saber unha data concreta, que non se facilita por parte da Vicesecretaria.
  • AR Inicial da delegación de Ribeira. O persoal xa está trasladado, proximamente se fará a avaliación.

 

Formación: riscos no embarque, manipulación produtos químicos e condución segura.

  • Na última reunión solicitáraselle á Consellería que levase a cabo a formación pendente que ven recollida na AR. Informan que se levou a cabo a formación básica para o embarque en tres edicións, nas localidades de Coruña, Vilanova (CIMA) e Vigo. Recordámoslle á Consellería que esta formación é obrigatoria para todo o persoal que ven recollido na AR. Indica que se farán novas edicións para dar a formación ao persoal que non participou nestas edicións. Solicítase que se faga este curso para o persoal que realice embarques. (Veterinarios)
  • Formación en manexo de produtos químicos. Esta formación está pendente de revisión do catálogo de produtos químicos e do uso e frecuencia.
  • O curso de condución segura, terá unha duración de 20 horas, repartidos e 2 días de prácticas e parte en liña. Dende a CIG, solicitamos que esta formación se faga extensible ao Servizo de Gardacostas e aos Veterinarios.
  • Solicitamos que mentras non esté en funcionamiento a Escola Galega de Gardacostas, os Gardacostas teñan accesos ós cursos da AGASP como o curso de manexo de drons.
  • Escola Galega de Gardacostas. A orde de 27 de maio de 2005 establece a oferta formativa da Escola Galega de Gardacostas. Dende a CIG, parécenos unha burla ao colectivo de Gardacostasue  que 20 anos despois non esté en funcionamiento e solicitamos a súa efectiva posta en marcha con carácter inmediato, xa que a formación deste colectivo está directamente relacionado ca súa seguridade.

 

IGAFA

  • Avaliación de riscos psicosociais. Constituiuse o Grupo de traballo, está na fase de realización da enquisa, o seguinte paso serán as entrevistas persoais voluntarias.
  • Limpeza de tanques e uso de hidrolavadora. Dende o servizo de prevención indican que o uso da hidrolavadora debe seguir as instrucións técnicas que limitan a duración de tempo de uso. De seguir a producirse danos polo seu uso, farase unha avaliación do posto.
    Revisarase a avaliación sobre as tarefas de limpeza de tanque. Solicitamos que si non ven recollida se leve a cabo a mesma.
    Reiteramos novamente que a carga de traballo das auxiliares aumentou considerablemente ao estar traballando cunha persoa menos dende fai cinco anos, pedimos que solventen a dotación de persoal. Así mesmo denunciamos a inadecuación das tarefas realizadas coa titulación requerida para o posto, inadecuación que se verá agravada cos novos requisitos de titulación.

 

Escola Nautiva de Ferrol

  • A CIG presentou escrito coa solicitude de realización de Avaliación de Riscos Psicosociais obrigatoria segundo a lei de PRL.
  • Solicitamos a revisión das medidas de emerxencia, tralos feitos sucedidos coa activación da alarma de incendios, onde se detectaron fallos na implementación das mesmas.
  • A Consellería informa que se está traballando nunha modificación da RPT para adecuala ás necesidades do centro. Informan tamén que se están levando a cabo as reformas e reparacións solicitadas dende a CIG da campana extractora, tren de lavado e duchas.

 

Roupa de traballo

  • Traballo de campo. Aceptan as achegas feitas o prego de compra da roupa de traballo e proximamente sairá a concurso.

 

Rogos e preguntas.

  • As medicións de Radón levaranse a cabo pola Universidade de Compostela en tódolos centros da Consellería a excepción de Ribadeo que está excluido.
  • Dende a CIG solicítase que se cree un procedemento de actuación ante as alertas meteorolóxicas para aqueles postos que desempeñen labores no exterior.
  • Acta de estabilidade e halador das planeadoras de Gardacostas. A vicesecretaria comprométese a enviar as actas de estabilidade aos membros da CIG no CSSL.

Outras novas recentes

Sábado, 03 Mai 2025

A CIG toma as rúas o 1º de Maio para reivindicar traballo, dereitos e soberanía

Milleiros de persoas participaron nas 17 mobilizacións convocadas no Día Internacional da Clase Obreira ao berro de «Galiza contra as guerras!», sendo as principais coordenadas a denuncia e a loita contra as guerras imperialistas e a militarización da sociedade, contra a UE do capital e da extrema dereita e pola defensa dos servizos públicos, dos dereitos laborais e dun...
Luns, 12 Mai 2025

Rebaixas nos dereitos de xubilación anticipada do persoal bombeiro forestal

Mediante a modificación do Real Decreto 383/2008 o Goberno pretende reducir os dereitos de xubilación do persoal bombeiro forestal establecendo límites a aplicación dos coeficientes redutores. O proxecto de modificación do Real Decreto 283/2008 pretende rebaixar e escalar os dereitos de xubilación anticipada incluídos na Lei 5/2024, do 8 de novembro, básica de bombeiros...
Martes, 06 Mai 2025

Previsión dos seguintes concursos de traslados (05/05/25)

Nas xuntanzas que mantivemos coa directora xeral de Emprego Público e Administración de Persoal (DXEP) o luns 5 de maio, trasladounos a seguinte información sobre os concursos de traslados: Pendente de publicar en DOG (xa quedou aprobado en Comisión de Persoal) o concurso de arqueoloxía/restauración/delineantes/arquivos-bibliotecas-museos. Pendente de negociar o concurso de...