Novas por contido

Na sesión do 28/10/2024 tratamos os seguintes asuntos:

 AVALIACIÓNS DE RISCOS REALIZADAS

- CIMA:

Ambas Avaliacións de Riscos, de CIMA Corón e CIMA Ribadeo foron entregadas no 2023. Dende entón fóronse implementando algunhas das medidas correctoras e outras están pendentes. De estas sinalar as seguintes:

-Pendente o plan de autoprotección e a sectorización do edificio.
-As portas antipánico non deben pecharse en ningún momento, estudarase a seguridade do centro pola noite.
-Instalarase unha centraliña de detección de fumes e mercaranse mantas ignífugas.
-Queda pendente a remisión dun listado de produtos químicos que non constan nesta avaliación.

- CIMA Ribadeo:

Quedan medidas correctoras sen acometer, algunhas das previstas proximamente son:

-Sinalización dos chanzos con tiras luminiscentes.
-Compra de traspalé para movemento de cargas pesadas e elevador para cargas mais lixeiras.
-Faltan as mantas ignífugas e sinalización.

PROGRAMACIÓNS PENDENTES

Informan dende a Vicesecretaría que para o ano 2025 se efectuarán as avaliacións por postos do Servizo de Gardacostas que vimos demandando dende a CIG reiteradamente.

Farase a avaliación de riscos Inicial da delegación de Ribeira.

Pídese que se avalíen no IGAFA, aquelas instalacións novas que non estean avaliadas.

IGAFA

Levarase a cabo unha avaliación de riscos psicosociais no centro.

Carga de traballo das auxiliares de laboratorio do IGAFA. Reclamase unha solución para a carga de traballo das auxiliares de laboratorio que se prolonga dende fai moitos anos. Dende a Vicesecretaria propoñen acumulación de tarefas pendente de que FP o autorice. Indicamos que é un problema que se mantén por moito tempo e que se debe solucionar de xeito estrutural incrementando persoal.

VIXILANCIA DA SAÚDE NO EDIFICIO DE PONTEVEDRA

Reiteramos as queixas pola vixilancia da saúde en Pontevedra xa que non aplican os protocolos establecidos e nos informes aparecen reflectidos resultados de probas non realizadas.

Dende o SPRL indican que o poñerán en coñecemento da Mutua para que resolvan estas queixas.

FORMACIÓN: RISCOS NO EMBARQUE, MANIPULACIÓN PRODUTOS QUÍMICOS E CONDUCIÓN SEGURA

Informa a Consellería que está prevista a formación para prevención de riscos no mar na Escola Náutica de Ferrol e que solo falta por establecer as datas. Se farán varias edicións da formación co fin de que poida asistir o maior número de persoas.

Así mesmo se fará un curso de manexo de produtos químicos.

Estase en negociacións coa EGAP para o curso de condución segura. De non ser posible o asumirá a Consellería.

ROUPA DE TRABALLO

Gardacostas: transmitimos que dende maio que se fixeron os tallaxes non se entregou a roupa e que agora xa sería necesaria a roupa de inverno. Pedimos axilidade na entrega da roupa e sobre todo dotar ás novas persoas empregadas públicas de roupa suficiente.

Traballo de campo: sen dotación orzamentaria para este ano. A consellería está traballando no prego de compra da roupa para o 2025. Pedimos igualmente axilidade na merca de roupa para o novo persoal e na substitución de roupa deteriorada.

ROLDA DE INTERVENCIÓNS

1.-Dende a CIG inquirimos o SPRL sobre as necesarias medidas de seguridade nas planeadoras que non teñen elementos mecánicos para recollida de artes.
2.-Comunicamos as deficiencias de funcionamento dos vehículos eléctricos que provocan que os empregados queden tirados nos destinos e a inseguridade que isto produce.
3.- Iniciaranse as obras de reforma da Delegación de Carril e de Salgueiriños no 2025.
4.-Iniciarase a medición de radón obrigatoria segundo a normativa das dependencias da consellería fora de Edificio de San Caetano.

Outras novas recentes

Xoves, 29 Outubro 2026

BYE, BYE FABIOLA!

Hai despedidas tristes. Cando unha compañeira ou compañeiro de traballo abandona porque non pode manter á súa familia co salario que cobra, ou remata farta e con medo ás agresión que todas e todos sufrimos. eowpzSxtLVM| Nestes últimos tempos, marcados polos conflitos en ensino infantil 0-3, en menores, na discapacidade, en dependencia, en residencias, nos SAF, servizos...
Venres, 30 Outubro 2026

Nomeamentos como persoal funcionario de carreira e apertura do prazo posesorio de varios procesos selectivos

No DOG do 30/10/2026 publican: - RESOLUCIÓN do 23 de outubro de 2026 pola que se nomean persoal funcionario de carreira no corpo de axudantes de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C1, escala técnica de condución, as persoas aspirantes que superaron algún dos procesos selectivos convocados polas...
Venres, 30 Outubro 2026

Convocatorias de oposicións: xestión ambiental, C1, auxiliar de cociña, auxiliar de coidadores, subalterna e limpeza e cociña

No DOG do 30/10/2026 publican: - RESOLUCIÓN do 23 de outubro de 2026 pola que se convoca o proceso selectivo mediante o sistema de concurso-oposición para o ingreso, pola quenda de acceso libre e promoción interna, no corpo de técnicos de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, grupo B, escala de axentes...