Novas por contido

No DOG do 21/03/2025 publican a RESOLUCIÓN do 20 de marzo de 2025, da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, pola que se acordan a apertura do período de presentación de solicitudes de elección de postos de traballo e o procedemento de xustificación da posesión de méritos e requisitos do concurso ordinario para a provisión de postos de traballo vacantes da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza.

O prazo habilitado para presentar a solicitude de elección de postos de traballo e xustificar a posesión de méritos e requisitos será de quince (15) días hábiles, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galiza, concretamente desde o 24 de marzo ao 11 de abril de 2025.

Durante o prazo indicado no punto primeiro as persoas concursantes poderán solicitar por orde de preferencia os postos ofertados no anexo I da resolución de convocatoria, aos cales se engadirán as potenciais resultas consecuencia das solicitudes de participación presentadas. A relación de postos ofertados en resultas publicarase na web corporativa da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, no enderezo https://www.xunta.gal/funcion-publica/concurso-de-traslados/

A solicitude de postos de traballo deberá presentarse electronicamente, segundo o establecido na base IV, Tramitación electrónica.

As persoas concursantes que teñan que presentar documentación acreditativa dos méritos valorables no concurso a que se refire esta resolución achegarana ao seu expediente persoal electrónico, ao cal accederán a través da Canle do emprego público de Galicia (Fides) no enderezo https://fides.xunta.gal

Ao acceder á Canle do emprego público de Galicia (Fides), comprobarán os datos que figuran no seu expediente persoal electrónico:

a) No suposto de que a persoa concursante estea conforme cos datos consultados, non precisará realizar ningunha actuación.

b) No suposto de que a persoa concursante non estea conforme cos datos consultados, por non constaren ou estaren incompletos, deberá incorporar a información non rexistrada presentando a solicitude de actualización dos méritos xunto coa documentación acreditativa, ao abeiro do establecido na Resolución do 5 de decembro de 2023. 

c) A persoa concursante que non teña recollido no seu expediente electrónico persoal algún período da súa experiencia profesional interna na Xunta de Galicia ou que atope erros nos seus méritos nos estados «en trámite», «validado», «duplicado» ou «descartado», poderá presentar alegacións a través do formulario de reclamacións que está á súa disposición no portal web corporativo da Dirección Xeral da Función Pública na páxina https:// www.xunta.gal/funcion-publica/concurso-de-traslados, que deberá cubrirse e presentarse electronicamente.

d) Os méritos que na data de publicación desta resolución se atopen incorporados no expediente electrónico no estado «acreditación documental incompleta» deberán ser acreditados para poder ser tidos en conta.

Outras novas recentes

Xoves, 05 Novembro 2026

A CIG mobilízase para reclamar salarios dignos fronte á carestía da vida

XFcfJrNfTHw A CIG-Administración reivindica o estabelecemento dunha cláusula de revisión ao IPC, medidas que faciliten o acceso á vivenda e mellores condicións laborais Máis de 200 delegadas e delegados dos distintos sectores que integran a CIG-Administración Pública manifestáronse este mércores 4 de novembro en Compostela contra a perda de poder adquisitivo do persoal...
Venres, 13 Novembro 2026

RPT Emprego, Comercio e Emigración (11/11/26)

A Consellería de Emprego, Comercio e Emigración, convocou aos sindicatos a unha xuntanza para falar da súa proposta de modificación da Relación de Postos de Traballo da consellería. Descargar Contactamos coa consellería para pedir explicacións polo feito de que nos convocasen con menos de 48 horas de antelación (restando a xornada de Folga Xeral), o que imposibilita estudar...
Venres, 13 Novembro 2026

Promoción interna corpos xerais; funcionarización en excedencia (para CP 17/11/26)

A directora xeral de Emprego Público e Administración de Persoal convocounos a unha xuntanza da Comisión de Persoal que será o martes 17 de  novembro, coa seguinte Orde do día: Convocatoria do proceso de funcionarización para o persoal laboral fixo que está na situación de excedencia. Descargar Convocatoria de promoción interna ao corpo superior-A1. Descargar Convocatoria...