Novas por contido

Presidencia xustifica esta suba salarial de 5.000 €/anuais baseándose na gran carga de traballo e para homologar as retribucións de letrados/as da Xunta con letrados/as do Consello Consultivo de Galiza. Para a CIG está moi ben homologar e compensar responsabilidades e cargas de traballo por arriba, pero sen esquecer que queda atrás moita outra xente que tamén o merece.

O pasado luns día 17 de marzo fomos convocados pola Presidencia da Xunta para informarnos de cambios estruturais e de RPT neste departamento. Un dos puntos da negociación foi o incremento dos 5.000 €/anuais para os/as letrados/as de nivel 30, e unha parte proporcional para os/as de nivel 28, quedando os seus complementos específicos en 30.193,94 e 23.444,12 €/anuais respectivamente.

Este incremento non se negociou coas centrais sindicais, senón que foi unha imposición recollida na Lei de orzamentos para o ano 2025, aprobada no Parlamento de Galiza, onde o PP,  que ostenta a maioría absoluta, fixo valer os seus votos.

A CIG non se vai opoñer á suba salarial dos empregados e empregadas públicas, e solicitamos que tamén ao resto do persoal se lle incrementen os complementos na mesma cantidade. E se hai sobrecarga de traballo hai unha solución moi eficaz: reforzar os cadros de persoal.

A Administración da Xunta de Galiza ten funcionarios e funcionarias con niveis que van do 10 ao 30, e retribucións brutas anuais que van dende os 20.000 € ata sobrepasar os 60.000. É fantástico que incrementen 5.000 € a quen máis cobran, pero tamén queremos os 5.000 €, lineais, para todo o resto de empregados. 

Como solución a esta intención da Presidencia da Xunta, a CIG úrxelle á Xunta a elaborar un catálogo de postos de traballo cunha reestruturación de niveis e de complementos actualizados, que se axusten á especial dificultade técnica, dedicación e responsabilidade de cada posto, entre outras circunstancias. Queremos unha revisión global das retribucións da Administración Autonómica de Galiza.

Como advertencia á Xunta, sirva esta información dunha manobra que fixo o goberno de Isabel Díaz Ayuso: La Justicia reprocha que Ayuso se saltara a los sindicatos para premiar el "talento" de altos funcionarios

Outras novas recentes

Xoves, 05 Novembro 2026

A CIG mobilízase para reclamar salarios dignos fronte á carestía da vida

XFcfJrNfTHw A CIG-Administración reivindica o estabelecemento dunha cláusula de revisión ao IPC, medidas que faciliten o acceso á vivenda e mellores condicións laborais Máis de 200 delegadas e delegados dos distintos sectores que integran a CIG-Administración Pública manifestáronse este mércores 4 de novembro en Compostela contra a perda de poder adquisitivo do persoal...
Luns, 09 Novembro 2026

Dúbidas ante a folga xeral do 11 de novembro

Respostas ás preguntas máis frecuentes para que todas as persoas traballadoras poida facer valer os seus dereitos Desde a CIG tentamos responder ás principais dúbidas que xiran arredor da convocatoria de Folga Xeral do vindeiro 11 de Novembro para que todas as persoas traballadoras do país poidan facer valer os seus dereitos e secundar a mobilización con liberdade. 1. Cal...
Luns, 09 Novembro 2026

A CIG convoca 17 mobilizacións por todo o país na xornada de folga xeral do 11N

A central nacionalista empraza a clase traballadora galega a visibilizar a parálise da actividade económica e laboral da xornada de 24 horas asistindo masivamente ás marchas A CIG anunciou a convocatoria dun total de 17 mobilizacións por todo o país durante a xornada de folga xeral prevista para o vindeiro 11 de novembro baixo o lema 'Galiza en loita por unha vida digna'...