Novas por contido

Na Comisión de Persoal do mércores 14 de maio, quedou aprobada a Resolución pola que se convoca o proceso selectivo para as especialidades de patrón/patroa e mecánico/a da escala operativa do Servizo de Gardacostas de Galiza.

Son 23 prazas, mediante o sistema de oposición, repartidas do seguinte xeito:

  • Patrón/patroa: 10 prazas, das que 1 está reservada para persoas con discapacidade, e 3 para promoción interna para persoas da escala de axentes de Gardacostas.

  • Mecánico/a: 13 prazas, das que 1 está reservada para persoas con discapacidade, e 4 para promoción interna para persoas da escala de axentes de Gardacostas.

As bases foron negociadas previamente na Mesa Sectorial de Funcionarios/as (MSF) o día 8 de maio (se é do teu interese, podes ler o noso resumo: ligazón).

Respecto do borrador que levaron á MSF, fixeron os seguintes cambios:

  • Requisitos de titulación: poñen os que indica a Lei do Emprego Público de Galiza (LEPG).

  • Indican que o exame das dúas especialidades serán simultaneamente.

  • Permiten rebaixar o corte ata 40%, pero só ata completar o número de prazas. 

Na intervención da CIG manifestamos o seguinte:

  • Poucas persoas candidatas haberá que teñan as titulacións para presentarse ás dúas especialidades. Pero podería ser, así que non queremos o exame simultáneo, para que as persoas candidatas que cumpran cos requisitos poidan presentarse ás dúas escalas.

  • Aceptaron a posibilidade de baixar o corte ao 40% se co 50% non chegan a 4 persoas por praza. Pero a rebaixa ata o 40% vai ser ata completar unha persoa por praza. Isto pode implicar que non queden persoas con puntuación para as listas de substitución. A CIG reclama restaurar a posibilidade de baixar o corte ao 40% ata completar 4 persoas por praza.

  • Defendemos a forma de acceso mediante concurso-oposición, para recoñecer así ás persoas con experiencia.

  • O requisito de permiso de conducir non está na LEPG. Xustifican en que si está na Relación de Postos de Traballo (RPT). Entón, o que teñen é un desaxuste entre o que pon a LEPG e a RPT que teñen que corrixir. Insistimos en que deben axustarse aos requisitos da LEPG.

  • O primeiro exercicio ten dúas partes. E cada unha desas partes ten un corte individual. A consecuencia é que en realidade son dous exercicios eliminatorios. Queremos que o corte sexa global para o exercicio, non para as partes.

Finalmente a convocatoria quedou aprobada co voto en contra de CIG e CSIF, e a abstención de CCOO e UGT.

Outras novas recentes

Luns, 19 Mai 2025

Proposta de revisión do acordo de veterinarios/as de Sanidade (16/05/25)

O pasado venres día 16 de maio tivemos a segunda xuntanza con Sanidade para a negociación da addenda do anexo I do acordo de persoal veterinario saúde pública.As catro organizacións asinantes do acordo, CIG, CC.OO, CSIF e UGT, acordamos instar que:1- Retirada da Addenda2. Convocatoria inmediata do concurso de traslados3. Calendarización da renegociación do acordo,...
Martes, 20 Mai 2025

Trincando no público: non hai dúas sen tres

A Xunta vai licitar a xestión privada da residencia da Coruña (Eirís) da Fundación Amancio Ortega A CIG esixe a xestión pública directa das residencias de maiores! A Xunta volve sacar a concurso para as empresas privadas a xestión dos servizos públicos e licita os servizos de atención de outra máis das residencias de maiores das sete doadas pola Fundación Amancio Ortega....
Luns, 12 Mai 2025

Diñeiro para letrados/as e control político do IGE

A Presidencia da Xunta consumou un incremento retributivo para o seu persoal da escala de letrados/as e un cambio na estrutura para un mellor control político do Instituto Galego de Estatística. Estas medidas foron aprobadas na Comisión de Persoal do xoves 8 de maio de 2025, co voto en contra de CIG, abstención de CCOO e UGT, e voto favorable de CSIF. Letrados/as Non...