Novas por contido

A Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal (DXEP) enviou aos sindicatos a relación de postos para os seguintes concursos de traslados aínda pendentes de negociar:

- Escala de veterinarios-as (A1). Descargar.

- Escalas de laboratorio (C1-C2), mantemento (C1-C2-AP), condución (C1-C2), cociña (C1-C2), recursos naturais e forestais (C1-C2-AP), limpeza (AP) e persoal subalterno-vixiantes de arquivos, bibliotecas e museos (AP). Descargar.

* Entendemos que o persoal subalterno pode volver a participar aínda que xa participara no concurso de corpos xerais, pois as prazas de vixiantes de arquivos, bibliotecas e museos, son de persoal subalterno.

Como dicimos, as convocatorias están sen negociar. O que fan aquí é enviarnos a relación de prazas dispoñibles para o concurso para que fagamos alegacións. A información trasladada pola DXEP na Comisión de Persoal do 03/06/25 foi que as bases do concurso de veterinarios/as e de mantemento-cociñas.. se negociarían en xuño.

Se tes algo que dicirnos, contacta coa CIG (necesitamos o código do posto para poder alegar).

Outras novas recentes

Luns, 02 Xuño 2025

Convocatoria do concurso de traslados de arqueoloxía, restauración, delineación, arquivos, bibliotecas e museos

No DOG do 02/06/2025 publican a RESOLUCIÓN do 26 de maio de 2025, da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, pola que se convoca o concurso ordinario para a provisión de postos de traballo vacantes de corpos e escalas de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza: escalas de arqueólogos, técnica de restauración,...
Martes, 03 Xuño 2025

Concurso traslados escalas sociais; RPT CMACC; Acordo Illas Atlánticas (MSF 06/06/25)

A directora xeral de Emprego Público e Administración de Persoal convocounos a unha xuntanza da Mesa Sectorial de Persoal Funcionario que será o venres 06/06/25, coa seguinte Orde do día: 1. Proposta de Acordo para o persoal adscrito ao Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas de Galiza. Descargar 2. Proposta de Acordo polo que se aproba a modificación da...
Mércores, 28 Mai 2025

Concursos profesores-mestres-axentes extensión pesqueira, e arqueólogos/as-restauración-delineantes-arquivos-bibliotecas-museos

Dende a Dirección Xeral de Emprego e Administración de Persoal comunícannos que, o vindeiro venres, día 2 de xuño publicaranse no Diario Oficial de Galicia as seguintes resolucións:- Resolución do 26 de maio de 2025 para a presentación de solicitudes de elección de postos e xustificación da posesión de méritos do concurso F0125, escalas de profesores numerarios e mestres de...