Novas por contido

O martes 3 de xuño participamos na Comisión de Persoal na que quedou aprobado o modelo de bases para a provisión de postos mediante o concurso específico, figura creada principalmente para xefaturas de servizo, algunhas seccións e dirección de centros.

A proposta da Xunta foi rexeitada polos catro sindicatos con representación na Comisión de Persoal (CIG, CCOO, CSIF e UGT).

As grandes liñas do voto en contra da CIG son:

  • Non se esixe un prazo de tempo para a convocatoria e provisión dos postos, o que vai permitir que poidan manter as prazas en comisións de servizos
  • Valoran méritos obtidos en comisións de servizos. É dicir, que valoran méritos obtidos discrecionalmente, sen criterios obxectivos.
    As consellerías poden modificar totalmente o baremo, o que lles vai permitir "personificar" as bases da convocatoria individualmente para cada posto.
  • Todo o proceso de selección das persoas quedará en mans das consellerías, sen un mínimo control por parte da dirección xeral que exerce as competencias en materia de persoal (a D.X. de Emprego Público e Administración de Persoal-DXEP)

En definitiva, que vamos a unha Administración cos postos intermedios sometidos ao poder político. O persoal funcionario perde algo máis da súa independencia.

Rolda aberta de intervencións

Na rolda aberta de intervencións a CIG tivo ocasión de falar dos seguintes asuntos:

Persoas interinas que van cumprir 3 anos: chéganos información contraditoria sobre o cese aos 3 anos de persoas co posto en proceso selectivo ou en concurso de traslados. Solicitamos que nos confirmen os criterios que están a seguir para decidir o cese aos tres anos. A DXEP afirma que a Lei 20/21 excepciona do cese aos tres anos aos postos que están cun proceso selectivo convocado, pero non cando o posto está en concurso de traslados. Cando está en proceso selectivo, prorrogan cando o consideran necesario e continuarán ata a elección dos destinos, sendo o posto en cuestión necesariamente un dos ofertados.

Desaparición de titulación no fides a persoas que participan en concursos traslados: temos información de que a varias persoas lle desapareceu a titulación no envorcado de datos do Portax ao Fides. Preguntamos se teñen información e se pensan actuar de oficio. A DXEP resposta que se é un erro da Administración o arranxarán de oficio; se é unha falta de envorcado de datos do Portax ao Fides, é responsabilidade da persoa que participa no concurso revisar se ten os datos correctos e aportalos ao Fides.

Preguntamos polo estado dos concursos de traslados. A CIG manifesta:

  • Concurso axentes: última resolución fai un ano e dous meses (listado provisional admitidos). Son unhas 230 persoas participantes. Que está a paralizar o proceso?
  • Concurso ciencias-arqu.-enxeñ.: admitidos definitivo e puntuacións provisionais o 21/05/25. Poderían estar en condicións de resolvelo e comezar a elección de postos dos procesos selectivos. Pero hai xente en incendios. Podería coller as datas de alto risco?
  • Gardacostas: 23/05/25 admitidos definitivos e puntuacións provisionais
  • Corpos xerais: 03/04/25 xustificación méritos e elección de postos.
  • Resposta a DXEP: non publican os baremos provisionais do concurso de axentes ambientais porque están centrados noutros procesos (menciona a adxudicación definitiva de postos de ciencias-enxeñarías-arquitectura, e están revisando os postos a ofertar para os concursos pendentes de convocar (menciona escalas sociais e outros dous concursos nos que están a traballar, mencionando o de veterinarios/as e o de mantemento-cociñas.. que negociarán as bases en xuño. Cando estean en condicións de publicar a resolución dos cocursos e eleccións de destinos, valorarán a data adecuada para as tomas de posesión en función das particularidades de cada escala (campaña de alto risco de incendios, época de matriculas, etc).

Subalternos con discapacidade intelectual:

Denunciamos que a DXEP convocou para elección de destino ás persoas de novo ingreso da convocatoria de 2022, cando manteñen en destino provisional ás da convocatoria do 2018.

A DXEP afirma que a elección de destinos destas persoas faise individualizada, polo que non ven problema, pois non compiten. Di que a estas persoas lles ofrecen un posto na súa localidade e outras dúas localidades ás que se poderían desprazar. Solicitaron ás asociacións que dixeran esas localidades para cada unha das persoas. Así fixeron no 2018 e así fixeron cos de 2022. Di que non lles chegou ningunha queixa ou problemas das persoas do 2018. Xa contactaron coas asociacións para que indiquen se as persoas do 2018 queren quedar no posto ou cambiar. Di que eran 24 prazas pero quedan 15 persoas (houbo excedencias e promoción interna). Afirma que ninguén lles demandou cambio destas persoas. Polo tanto, van proceder co destino definitivo do 2022, e xa mais adiante se porán co de 2018.

CIG resposta que á DXEP lle falta información, pois aseguramos que a consellería de educación ten queixas das direccións dalgúns centros de ensino porque neses centros en que hai pouco persoal teñen problemas para facer quendas de traballo e sobrecarga. A DXEP resposta que contactarán con Fademga, e se trasladan problemas, contactarán coas persoas para que poidan ir a edificios administrativos. A CIG bota en cara que se faga caso só á información que lle poida chegar das asociacións, e non do que lle poidamos transmitir os sindicatos. Solicitámoslle que se poña en contacto coa consellería de educación.

Carreira profesional:

O 30/12/24 enviaron borrador dos graos I-II-III. A CIG enviou as alegacións o 13/01/25. Nunca houbo xuntanzas nin máis información. Preguntamos cando pensan retomar a carreira que xa tiña que estar negociada e convocada no 2024 segundo o que a Xunta pactou con outros sindicatos. A DXEP resposta que negociaremos a carreira no mes de xuño.

A maiores a DXEP informou do seguinte:

- Orde de integración do persoal de Agacal: publicarán no DOG do luns 9 de xuño.

- Concursos nos que participan varias escalas/especialidades, e non hai persoas participantes nalgunha delas. Neste caso, darán por rematada esa parte do concurso e procederán cos destinos definitivos dos procesos selectivos.

Outras novas recentes

Luns, 02 Febreiro 2026

Xuntanza do CSSL de Medio Ambiente (17/12/2025)

O 17 de decembro tivo lugar unha reunión do Comité de Seguridade e Saúde Laboral de Medio Ambiente, na que se trataron diferentes cuestións relativas á seguridade e saúde laboral do persoal. Durante a xuntanza puxéronse á disposición dos membros do Comité as avaliacións de riscos da Caseta do Gardarríos de Xubia e do Distrito Ambiental XVIII (Gondomar). Así mesmo,...
Martes, 10 Febreiro 2026

Borrador da convocatoria e listado de postos para o concurso de coidadoras, xerocultoras, PSX, educación infantil e xardín de infancia

A DXEP envíanos o borrador das bases da convocatoria do concurso de varias escalas (educador/a e educación infantil, auxiliares coidadores, xerocultores e persoal de servizos xerais) e o listado de postos vacantes. Se tes algo que dicir das bases ou do listado de prazas, contacta coa CIG.
Mércores, 11 Febreiro 2026

EGAP: convocatoria de actividades formativas de linguaxe administrativa galega

No DOG do 11/02/2026 a EGAP publica a RESOLUCIÓN do 10 de febreiro de 2026 pola que se convocan as actividades formativas de linguaxe administrativa e xurídica galega para o persoal ao servizo das distintas administracións da Comunidade Autónoma de Galiza para o ano 2026. Poderá participar nas actividades formativas convocadas nesta resolución o persoal ao servizo da...