Novas por contido

No DOG do 02/06/2025 publican a RESOLUCIÓN do 26 de maio de 2025, da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, pola que se convoca o concurso ordinario para a provisión de postos de traballo vacantes de corpos e escalas de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza: escalas de arqueólogos, técnica de restauración, técnica de delineantes, de facultativos de arquivos, bibliotecas e museos; de axudantes de arquivos, bibliotecas e museos; técnica de arquivos, bibliotecas e museos, e de auxiliar de arquivos, bibliotecas e museos.

Os postos vacantes ofertados neste concurso publícanse no anexo I desta resolución.

As persoas interesadas poderán solicitar por orde de preferencia os postos ofertados no anexo I desta convocatoria aos que se engadirán as potenciais resultas consecuencia das solicitudes de participación presentadas. Considéranse postos de resultas os postos de traballo cuxo sistema de provisión sexa o concurso ordinario e que estivesen ocupados con carácter definitivo por aquelas persoas participantes que obteñan un posto de traballo como consecuencia da adxudicación do concurso.

Incluiranse tamén como potenciais resultas os postos de traballo que teñan adscrito persoal funcionario por motivos de saúde ou rehabilitación, e estará condicionada a súa adxudicación a que a persoa funcionaria adscrita obteña un posto na resolución do concurso.

A relación de postos ofertados en resultas publicarase na web corporativa da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, no enderezo https://www.xunta.gal/ funcion-publica/concurso-de-traslados/

A solicitude, e de ser o caso a documentación adicional, deberá presentarse electronicamente a partir do día seguinte ao da publicación da convocatoria no Diario Oficial de Galiza e ata o día 16 de xuño de 2025 incluído, e dirixirse á Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal da Consellería de Facenda e Administración Pública.

 

 

Outras novas recentes

Xoves, 05 Novembro 2026

Seaga paraliza o seu primeiro plan de igualdade após tentar aprobalo sen negociación efectiva

A sociedade mercantil pública autonómica cancelou dúas reunións consecutivas e deixou a negociación sen nova data. A CIG Administración Autonómica exixe retomar de inmediato os traballos, completar a diagnose e acordar medidas reais para o persoal. A CIG, sindicato maioritario nos comités de empresa da Coruña, Lugo e Ourense, denuncia as actuación da Empresa Pública de...
Venres, 30 Outubro 2026

Convocatorias de oposicións: xestión ambiental, C1, auxiliar de cociña, auxiliar de coidadores, subalterna e limpeza e cociña

No DOG do 30/10/2026 publican: - RESOLUCIÓN do 23 de outubro de 2026 pola que se convoca o proceso selectivo mediante o sistema de concurso-oposición para o ingreso, pola quenda de acceso libre e promoción interna, no corpo de técnicos de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, grupo B, escala de axentes...
Venres, 06 Novembro 2026

Convocatoria para elección de destino definitivo: auxiliar de xerocultura e PSX

No DOG do 06/11/2026 publican a RESOLUCIÓN do 2 de novembro de 2026 pola que se convocan para a elección de destino definitivo as persoas aspirantes que superaron os procesos selectivos para o ingreso no corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C2, escala auxiliar de xerocultor/a e...