Novas por contido

Ante a inquietude que esta situación está suscitando nestas compañeiras/os, na Comisión de Persoal, celebrada onte día 03/06, a directora da Dirección Xeral de Emprego Público (DXEP) contesta aos requerimentos da CIG que “a elección de destinos destas persoas faise individualizada, polo que non ven problema, pois non compiten. Di que a estas persoas ofrécenlles un posto na súa localidade e outras dúas localidades ás que se poderían desprazar. Informan que lle solicitaron ás asociacións que dixeran esas localidades para cada unha das persoas. Así fixeron no 2018 e así fixeron cos de 2022. Di que non lles chegou ningunha queixa ou problemas das persoas do 2018. Refiren que contactaron coas asociacións para que indiquen se as persoas do 2018 queren quedar no posto ou cambiar. Di que eran 24 prazas pero quedan 15 persoas (houbo excedencias e promoción interna). Ninguén lles demandou cambio destas persoas. Polo tanto, van proceder co destino definitivo do 2022, e xa mais adiante se porán co de 2018”.

Dende a CIG asegurámoslle á directora que a Consellería de Educación ten queixas das direccións dalgúns centros de ensino porque neses centros en que hai pouco persoal, teñen problemas para facer quendas de traballo e o resto do persoal está sobrecargado. A DXEP resposta que “contactarán con Fademga, e se trasladan problemas, contactarán coas persoas para que poidan ir a edificios administrativos”. 

A CIG botámoslle en cara de que faga caso só á información que lle poida chegar das asociacións, e non do que lle poidamos transmitir os sindicatos. Solicitámoslle que se poña en contacto coa Consellaría de Educación. Non entendemos o destino aos do 2022 sen darllo aos de 2018 

Dende a CIG e, logo de contactar con este persoal afectado, informamos que:

    • Foron contactados por FADEMGA para coñecer a súa situación laboral con preguntas do tipo: estás contenta no teu posto de traballo? Por que non estás contenta?. Estas persoas comunican que dende esta asociación lle dixeron que no caso de ir para outro sitio, tal é o caso do edificio administrativo de Vigo, deberían de asumir funcións como por exemplo: dar información telefónica xeral ao público ou atención directa. Aclaramos que esta información non responde á realidade das funcións do persoal subalterno, por canto a información xeral ao público está privatizada a través do 012 e este persoal non aporta información xeral ao público no edificio. Cando esta información aportada, que dende a CIG consideramos incorrecta, sesgada e incluso intimidatoria, non fai que a persoa desista do seu interés en trasladarse de posto de traballo, rematan dicíndolles que "sería moi difícil que se podan quedar en Vigo".

    • Dende a CIG queremos insistir en que tanto a través do sindicato como das propias direccións dos centros educativos da área de Vigo, nos que este persoal afectado exercen en destino provisional, a Consellería de Educación foi reiteradamente informada das dificultades que se levan presentando na adaptación deste persoal aos seus postos de traballo. Incluso nos consta que nun dos centros de Vigo, están especialmente preocupados porque dentro do cadro de persoal teñen outra persoa con discapacidade, sendo coñecedora de todo isto a Delegación Territorial de Persoal non docente da Consellería de Educación de Pontevedra.

    • Tamén queremos denunciar que, tal e como dixo a directora da DXEP, as asociacións que traballan con estas persoas con discapacidade están sendo as que artellan as demandas deste colectivo en exclusiva. Non queremos que se exclúa das negociacións a estas asociacións, tan importantes para a vida destas persoas e das súas familias, máis negámonos a aceptar que sexan estas as únicas valedoras dos dereitos destas persoas traballadoras diante da Administración.

Lembramos que o anteproxecto de Decreto polo que se regula o acceso e provisión de postos de traballo de persoas con discapacidade intelectual na Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza e nas entidades públicas instrumentais do sector público autonómico no seu artigo 11 refire que “na adxudicación de postos de traballo nos procesos selectivos garantirase que as condicións da asignación das prazas convocadas resulten adecuadas ás circunstancias das persoas con discapacidade intelectual para posibilitar a efectiva ocupación do posto”

Ante a gravidade desta situación e a moita afectación que esta incertudume está supoñendo para estas persoas, informamos que dende a CIG reiteraremos esta inxustiza tanto diante da Consellería de Educación como diante de Función Pública e poñeremos toda a nosa capacidade xurídica na defensa dos dereitos destas persoas traballadoras ás que se lles está subvertindo a súa escolleita de postos de traballo xa que, de non mudarse o publicado no DOG, tomarán posesión das prazas desexadas no edificio administrativo de Vigo os do anos 22 diante dos do 18.

Outras novas recentes

Luns, 20 Xullo 2026

Altas temperaturas no SPIF

Hidratación, avituallamento e medios de apoio A CIG solicita á Consellería do Medio Rural medidas preventivas para garantir a seguridade e a saúde do persoal que permanece longos períodos fóra da base durante episodios de calor. A SITUACIÓN Coas vagas de calor que estamos sufrindo, o persoal do SPIF está sometido a un estrés térmico engadido ao propio estrés térmico da súa...
Mércores, 15 Xullo 2026

Xuntanza con Medio Rural: coeficientes reductores e concurso específico para o persoal técnico

Na xuntanza do día 14 de xullo coa Consellaría de Medio Rural sobre o persoal enxeñeiro de montes e enxeñeiro técnico forestal, tratouse, entre os puntos da orde do día, as bases para a provisión de postos de concurso específico (consulta pinchando aquí a información deste punto) e a solicitude de coeficientes redutores para a xubilación anticipada. Coeficientes redutores A...
Venres, 17 Xullo 2026

Datas dos concursos de traslados e procesos selectivos (MSF 16/07/26)

Na Mesa Sectorial de Negociación do xoves 16, a directora xeral de Emprego Público (DXEP) deu información actualizada das previsións das datas de toma de posesión dalgúns concursos de traslados e procesos selectivos. Indica a DXEP que debido ás incidencias técnicas das últimas semanas, tiveron que ampliar os prazos (como foi en corpos xerais ou escalas sociosanitarias) para...