Novas por contido

A CIG ESIXE QUE EMPREGO PÚBLICO RECÚE E QUE O PERSOAL FIXO DO CONSORCIO POIDA PARTICIPAR NO CONCURSO DE TRASLADOS DAS ESCALAS SOCIAIS 

A uns días de celebrarse a funcionarización do personal laboral fixo procedente do Consorcio, o vindeiro 5 de xullo, a Dirección Xeral de Emprego Público rompe os compromisos acadados e decide deixar fóra do Concurso das escalas sociais a todo o persoal Consorcio. 

Iso si, despois de poñer os postos que veñen do Consorcio á disposición de quen queira concursar, máis de 1.700 prazas, a maioría vacantes.

Esta intención de Emprego Público de impedir que as 171 compañeiras fixas do Consorcio participen no concurso das escalas sociais é intolerable e incumpre os compromisos acadados pola Dirección Xeral coa representación do persoal para a integración do Consorcio. De feito este era un dos motivos determinantes polo que o persoal aceptou a funcionarización.

Despois de 17 anos sen mobilidade nestas escalas, non se pode deixar fóra a este persoal fixo por non querer esperar unhas semanas. Ter présas agora cando en moitos dos concursos convocados tardan máis dun ano en publicar as listas de admitidos e excluídoss, é un despropósito.

A quen afecta a premura en convocar o concurso das escalas sociais antes de funcionarizar as laborais fixas que quedan e que podan participar? Se o concurso se fai en “dúas partes”, as que participen na segunda quedaríanse cos restos do concurso anterior e iso limitaría as posibilidades de mobilidade. Ou é que a intención é deixalas anos colgadas á espera do vindeiro concurso?

E que pasaría co persoal que está nos procesos de estabilización?Atreveranse a dar a escoller os postos aos que non puideron optar as persoas fixas procedentes do Consorcio? Ou van facelas esperar a tomar posesión a que rematen os dous concursos?.

Se mire por onde se mire, isto non ten sentido ningún. Queremos pensar que non o meditaron ben e que foi algo apurado de última hora que xurdiu nunha mesa allea ás negociacións de concursos e que ao final van recuar.

Pero se non atenden as nosas demandas o conflito está servido e dende a CIG anunciamos mobilizacións ata facer respectar os compromisos acadados co persoal.

Outras novas recentes

Venres, 16 Outubro 2026

A Dirección Xeral de Emprego Público pasa o rolete pola Lei de medidas e a Lei de orzamentos de 2027, sen negociar (CP 15/10/26)

Na xuntanza da Comisión de Persoal do 15 de outubro, a directora xeral volveu ás andadas de facer imposíbel calquera posibilidade de negociación efectiva, impedindo que haxa calquera avance nas condicións laborais do persoal da Administración xeral da Xunta e entes. Xa se está a convertir en costume ter que dicirlle á diretora xeral de Emprego Público que coa CIG non conte...
Martes, 20 Outubro 2026

Destinos limpeza, cociña, mantemento, RRNN, etc. (DOG 30/09/26), inspección consumo, inspección turismo, veterinarios/as-2024. Convocator...

Información da Mesa Sectorial de Negociación de Persoal Funcionario, do 20/10/26: Nomeamento das escalas convocadas a escoller destino no DOG 30/09/26 (limpeza, cociña, mantemento, RRNN, etc, que agrupou 18 convocatorias de procesos selectivos: afirma a DXEP que publicarán a resolución co nomeamento e destino adxudicado no DOG do 30/10/26. En canto á data de toma de...
Venres, 23 Outubro 2026

Voto en contra do PP a máis cursos de galego e á xornada completa do persoal lingüista (Pleno do Parlamento do 20/10/26)

Un grupo nutrido grupo de lingüistas e unha representación da CIG acudimos ao Pleno do Parlamento o 20 de outubro, onde se debateu sobre a situación límite que está a soportar este persoal e a altísima demanda de formación en galego desatendida ano tras ano pola Escola Galega de Administración Pública (EGAP). O BNG presentou unha iniciativa para ampliar a dotación de cursos...