Novas por contido

Na Comisón de Persoal celebrada o pasado venres 27 de xuño tratáronse os seguintes temas:

Proposta de Modificación da Relación de Postos de Traballo da Axencia de Turismo de Galicia

A Axencia de Turismo amortiza tres postos vacantes que pertencían á axencia (non abertos ao persoal da Xunta) para crear cinco en RPT (dous de corpos xerais e con maior nivel, e outros 3 postos de persoal técnico de cociña). Foron tidas en conta as nosas propostas. Queda aprobada co voto unánime de todas as organización sindicais.

Proposta de Modificación da Relación de Postos de Traballo da Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia

Corrixen o erro na denominación de numerosos postos da escala de “educador/a”, para adaptalo á correcta de “educador/a social”. Queda aprobada co voto unánime de todas as organización sindicais.

Proposta de Resolución pola que se convoca concurso ordinario para a provisión de postos de traballo vacantes no corpo facultativo superior da Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de veterinarios

Na Comisión de Persoal do venres 27 de xuño, por fin quedou aprobado o concurso de traslados de veterinarios e veterinarias. As bases son similares ás dos últimos concursos que fomos aprobando nos últimos tempos e para os que a CIG votou a favor. Pero este concurso quedou aprobado co voto en contra da CIG. Porque desaparecen uns 20 postos, e porque despois de máis dunha década de retraso, liquidaron o tema en cuestión de días, sen dar tempo aos sindicatos a ver as cousas, a difundilas e a recibir as consideracións dos compañeiros e compañeiras. É dicir, que o concurso simplemente pasou o trámite formal da negociación, sen negociación.

Retiraron 5 postos en Medio Rural por proposta de amortización. E outros 13 en Sanidade (din que de matadoiros que xa non existen, pero puideron mover os postos sen eliminalos). Tamén hai outros dous que retiran por ter unha duración concreta (matadoiro móbil), e algún mais que non especifican ocupados en adscrición por saúde (que supostamente sairán en resultas).

A CIG quere o concurso, as bases son mellorables pero aceptables, pero rexeitamos a retirada de tantos postos e a falta de negociación. Queda aprobada co voto en contra da CIG, co voto a favor de CSIF e coa abstención de CCOO e UGT.

Proposta de Resolución pola que se convoca concurso ordinario , subgrupo C1, (escala técnica de análises de laboratorio; de mantemento de servizos; de condución; de cociña; de recursos naturais e forestais, especialidade de capataz; de mecánico naval; de patrón de embarcación; de guía intérprete de patrimonio natural); do subgrupo C2 (escala auxiliar de laboratorio; de mantemento; de condución; de cociña; de recursos naturais e forestais, especialidade de oficial; de mariñeiro-vixiante; de gardas de recursos naturais); e da agrupación profesional (escala de persoal de limpeza e recursos naturais e forestais, especialidade de persoal de limpeza e cociña; de recursos naturais e forestais; escala de persoal subalterno e de persoal de mantemento).

Este concurso tamén quedou aprobado na Comisión de Persoal do venres 27 de xuño. As bases son como os demais (mellorables pero aceptables). Non detectamos que desaparezan postos. Pero as formas, igual que o de veterinarios/as, son inaceptables. Queda aprobado co voto en contra da CIG e co voto a favor das outras tres organizacións sindicais. 


Na rolda aberta de intervencións tamén se informou de:

  • Xubilacións: postos das persoas que se xubilen. A DXEP informa de que se incluiron as xubilacións ata o 22de xuño. Con resspecto as persoas que se xubilen dirante o concurso no que solicitaron participar refire: “non sei como se configuran as aplicación informáticas para poder facelo.. consulto e informo”
  • Concursos de arquitectos: a DXEP verbaliza: “está previsto que nas vindeiras semanas adxudicación postos, non podo concretar o día, en principio antes de agosto”
  • No tema derivado dos problemas nos centros de maiores e escolas infantís polo calor tanto en centros do Consorcio como de Política Social: "trasladaremos a cuestión á Consellaría”
  • Con repecto ao persoal doGAIN:
    - Estabilización: “pendente elección de destino. falaran con eles para ver cando”
    - Decreto investigadores: ”analizando coas consellarías implicadas a relación de postos que se poderían incluír como investigadores” 

Outras novas recentes

Mércores, 01 Abril 2026

Que doado é retirar postos do concurso de escalas sociais no canto de buscar solucións

O día 27/03/26 saíron publicadas no DOG as puntuacións provisionais das persoas participantes no concurso de escalas sociais (F0525). E como agasallo, xunto coas puntuacións, a DXEP retira do concurso 25 postos vacantes (1 de auxiliar de clínica, 1 de educador/a social, 1 de terapeuta ocupacional, 2 de médico/a, 11 de psicólogo/a e 9 de traballador/a social). Ese mesmo día,...
Martes, 31 Marzo 2026

Convocatoria para a negociación da RPT da Axencia de Turismo de Galiza (13/04/2026)

O xefe da Área de Recursos Humanos da Axencia de Turismo de Galiza vén de convocarnos a unha xuntanza informativa previa á negociación na Mesa Xeral sobre unha proposta de modificación da RPT da Axencia de Turismo de Galiza. A reunión terá lugar o luns 13/04/26 ás 11 h na sede na Axencia na Barcia, coa seguinte orde do día: 1. Información da proposta de modificación da RPT...
Venres, 27 Marzo 2026

Puntuacións provisionais do concurso de traslados das escalas sociais (facultativa superior, grao medio, axudantes e auxiliares)

No DOG do 27/03/2026 publican a RESOLUCIÓN do 26 de marzo de 2026, da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, pola que se fan públicas as puntuacións provisionais das persoas participantes admitidas no concurso ordinario para a provisión de postos de traballo vacantes do corpo facultativo/a superior, escala de facultativos/as, especialidades de...