Novas por contido

A Dirección Xeral de Emprego Público informounos que o concurso ordinario de traslados para a provisión de postos de traballo vacantes da escala de veterinarios/as, vai ser publicado no DOG do mércores 9 de xullo. O prazo para a presentación de solicitudes de participación sería ata o 23/07/25.

Outras novas recentes

Venres, 24 Abril 2026

Puntuacións provisionais do concurso de traslados dos subgrupos C1 e C2 (Administración especial) e agrupación profesional

 No DOG do 24/04/2026 publican a RESOLUCIÓN do 20 de abril de 2026, da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, pola que se fan públicas as puntuacións provisionais das persoas participantes admitidas no concurso ordinario para a provisión de postos de traballo vacantes de varias escalas e especialidades do corpo de axudantes de carácter facultativo...
Venres, 17 Abril 2026

Corpos xerais - Comisión de Persoal (17/04/2026)

Esta semana Emprego Público sinalou que a primeiros de maio sairía un calendario para indicar as tomas de posesión, pero o que circula dende diferentes organizacións sindicais non é un calendario, senón unha data para esas tomas de posesión: o 12 de maio. Como non sabemos se é problema de que a CIG escoita mal, a DXEP aclara que estamos no certo, que o que se publicará é o...
Luns, 20 Abril 2026

EGAP: convocatoria do plan de autoformación

No DOG do 20/04/2026 a EGAP publica a RESOLUCIÓN do 10 de abril de 2026 pola que se convoca o programa de autoformación para o persoal ao servizo da Administración pública da Comunidade Autónoma, das entidades públicas instrumentais, da Administración institucional de Galiza, da Administración de xustiza, das entidades locais e o persoal técnico, de xestión e de...