Novas por contido

No DOG do 16/07/2025 publican a RESOLUCIÓN do 8 de xullo de 2025, da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, pola que se convoca concurso ordinario para a provisión de postos de traballo vacantes de varias escalas e especialidades do corpo de axudantes de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C1, do corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C2, e da agrupación profesional da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza.

Convocan concurso ordinario de traslados para a provisión dos postos de traballo vacantes da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza que se relacionan no anexo I desta convocatoria:

  • C1, escala técnica de conducción
  • C2, escala auxiliar de conducción
  • C1, escala técnica de mantemento
  • C2, escala auxiliar de mantemento
  • C1, escala técnica de cociña
  • C2, escala auxiliar de cociña
  • C1, escala técnica de analise de laboratorio
  • C2, escala auxiliar de laboratorio
  • C1, escala técnica de recursos naturais e forestais, especilidade capataz
  • C2, escala auxiliar de recursos naturais e forestais, especiliadade oficial
  • C2, escala de gardas de recursos naturais
  • AP, escala persoal de limpeza e cociña e recursos naturais, especialidade limpeza e cociña
  • AP, escala persoal de limpeza e cociña e recursos naturais, especilidade recursos naturais
  • AP, subalterno
  • AP, escala persoal subalterno/escala persoal mantemento

A solicitude e, de ser o caso, a documentación adicional deberá presentarse electronicamente a partir do día seguinte ao da publicación da convocatoria no Diario Oficial de Galiza e ata o día 31 de xullo de 2025 incluído, e dirixila á Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal da Consellería de Facenda e Administración Pública.

Unha vez rematado o período de presentación de solicitudes de participación, publicarase no DOG a apertura dun prazo de 15 días hábiles para a presentación de solicitudes de elección de postos de traballo.

Ademais dos postos ofertados no anexo I, engadiranse as potenciais resultas que se publicarán na web corporativa da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal no enderezo https://www.xunta.gal/funcion-publica/concurso-de-traslados/

Outras novas recentes

Xoves, 29 Outubro 2026

Primeira xuntanza con Educación por un Acordo para o Persoal Non Docente: unha perda de tempo

A CIG denuncia a falta de compromiso e de vontade negociadora da Consellaría e advirte de que non vai permitir que se siga adiando unha reivindicación histórica do persoal non docente. As expectativas xeradas pola apertura dunha vía de negociación coa Consellaría de Educación para acadar un acordo que dea resposta ás demandas do persoal non docente quedaron frustradas na...
Xoves, 05 Novembro 2026

A CIG mobilízase para reclamar salarios dignos fronte á carestía da vida

XFcfJrNfTHw A CIG-Administración reivindica o estabelecemento dunha cláusula de revisión ao IPC, medidas que faciliten o acceso á vivenda e mellores condicións laborais Máis de 200 delegadas e delegados dos distintos sectores que integran a CIG-Administración Pública manifestáronse este mércores 4 de novembro en Compostela contra a perda de poder adquisitivo do persoal...
Venres, 06 Novembro 2026

Convocatoria para elección de destino definitivo: auxiliar de xerocultura e PSX

No DOG do 06/11/2026 publican a RESOLUCIÓN do 2 de novembro de 2026 pola que se convocan para a elección de destino definitivo as persoas aspirantes que superaron os procesos selectivos para o ingreso no corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C2, escala auxiliar de xerocultor/a e...