Novas por contido

A CIG-Autonómica denuncia que a Administración da Xunta do PP tenlle reservado un posto de traballo ao exconselleiro cando non ten dereito a reserva por ser persoal temporal

Alfonso Villares Bermúdez dimitiu como Conselleiro do Mar en xuño de 2025 por unha denuncia de agresión sexual. Deixando a parte a vergoñenta despedida multitudinaria que lle deu o Goberno do Partido Popular despois dunha denuncia tan grave, a bola de neve segue medrando.

O día 9 de xullo publícase o concurso de traslados de persoal veterinario da Xunta de Galiza. Previamente o día 6 de xuño a Dirección xeral de Emprego Público e Administración de Persoal achegara aos sindicatos os postos de traballo que se ían ofertar no devandito concurso, entre os que NON figura o MR.C99.20.070.27290.008, na área de Mondoñedo, área onde ten unha praza de xeito temporal o exconselleiro. Casualidade?

Nestes anos, e despois da publicación da Lei 20/2021 para a redución da temporalidade na Administración pública, convocouse un proceso de estabilización para o Corpo Facultativo Superior, Escala veterinarios/as, proceso no que Villares participa e onde non acada praza.

Despois destes antecedentes, a prensa publica o día 11 de xullo, que o exconselleiro Villares incorpórase ao traballo. En que posto? Na oficina de Viveiro, cando o posto que ocupaba con carácter previo é da área de Mondoñedo. Será para estar máis preto da súa casa?

Lembremos que Alfonso Villares leva máis de 20 anos ocupando, sendo persoal temporal, unha praza de funcionario/a que permaneceu agochada pola Administración da Xunta de Galiza e que non foi ofertada ao persoal veterinario funcionario de carreira que ten máis dereito sobre esa praza. Estivo así, oculta e gardada para el, mentres tivo responsabilidades políticas, antes en Ribadeo e agora, para achegarse máis a súa casa, en Viveiro. Na CIG preguntámonos, a Xunta de Galiza resérvalle un posto de traballo a un exconselleiro acusado de agresión sexual?

Para máis, nestes momentos co concurso de traslados do persoal veterinario xa convocado, comprobamos que Emprego Público non inclúe nese listado de postos ofertados a praza referida. Con esta decisión négaselle a oportunidade a conciliar a vida laboral e familiar a un/unha compañeiro/a funcionario/a de carreira, para gardarllo e manter nel a Alfonso Villares, que non ten praza gañada na Administración pública e, está acusado de agresión sexual.

Ser político do Partido Popular da dereito a ter un posto de traballo na Administración pública aínda que non superes os procesos selectivos? Esta é a rexeneración política que promulgan Feijoo e Rueda, gardándolle o posto a un acusado de agresión sexual? 

Dende a CIG esiximos que o posto MR.C99.20.070.27290.008 se incorpore á relacion de prazas ofertadas no concurso de traslados e, se o Sr. Villares quere traballar como funcionario da Xunta de Galiza, que estude, se presente a unhas oposicións e as aprobe.

Outras novas recentes

Xoves, 01 Outubro 2026

A Xunta fabrica comisións de servizo: (con) concursos a contagotas e postos a dedo

Nestes días vanse dar máis postos en comisión de servizos que no concurso de traslados de corpos xerais. Remata un concurso de traslados de corpos xerais e volven dispararse as comisións de servizo. Nada novo baixo o sol da Administración da Xunta: dende o 16 de setembro de 2026 (día seguinte ao da resolución do concurso) xa se concederon 292 postos en comisión de servizo....
Martes, 29 Setembro 2026

A EGAP responde ás críticas da CIG con autoritarismo

A nosa central denuncia que a Dirección converte o Consello Reitor da Escola nun órgano decorativo A CIG non asistiu ao Consello Reitor da Escola Galega de Administración Pública (EGAP) do 23 de setembro como medida de protesta polos reiterados atrancos impostos pola Dirección da Escola á participación da única organización sindical que fiscaliza criticamente a súa...
Martes, 29 Setembro 2026

Campaña de revisións médicas 2026-2027 en centros de ensino

Prazos de inscrición Persoal nomeado antes do 25 de setembro: dende o 25 de setembro ao 31 de outubro. Persoal nomeado o 26 de setembro ou despois: dende o día 1 ao 20 do mes seguinte á súa toma de posesión. Persoal interino e substituto: dende o día 1 ao 20 do mes seguinte a aquel no que se cumpran os 65 días traballados de forma ininterrompida, contados dende o...