Novas por contido

Na xuntanza que tivo lugar  o día 18 de setembro o Comité de Saúde e Seguridade do persoal de incendios tratou como únio punto o estudio dos accidentes acontecidos durante a campaña de alto risco.

Por parte da Administración entrégase un relatorio de accidentes que é unha mera enumeración dos mesmos, moi breve e con moi poucos detalles. A continuación o Servicio de Prevención informa que os accidentes acontecidos con situación operativa 2, ao tratarse dunha emerxencia está excluída da Lei de Prevención de Riscos, segundo o indicado no artigo 3 da citada lei, tal como establece a norma básica de protección civil, aínda que se manifesta, que o Servizo de Prevención fará a investigación que se lle solicite de igual maneira. Nestas circunstancias é a Inspección de traballo o órgano axeitado para levar a acabo calquera investigación dos accidentes que se produzan.

A CIG, solicita un estudio moito máis exhaustivo dos accidentes significativos. É evidente que non chega coa táboa de Excel entregada por parte da Administración onde fai unha relación de datos totalmente escasa. É absolutamente necesario facer estudios dos accidentes significativos, para aprender do sucedido e tentar mellorar no ámbito da prevención. Volvemos a insistir en que a mellor prevención apoiase nun mellor coñecemento, polo tanto é vital fortalecer un plan formativo axeitado á evolución desta tipoloxía de lumes forestais e das diferentes emerxencias no ámbito rural.

Demandamos que se inclúan dentro do estudio dos accidentes ás brigadas helitransportadas de empresas privadas e brigadas municipais. En especial o acontecido á brigada municipal de Ourense e á brigada de Castromaior.

Tamén denunciamos que existe un problema no sistema de freado nos vehículos autobombas, chamados coloquialmente “Velutinas”. Dispomos de 11 vehículos identificados coa súa matricula cos citados problemas de freado. Dende a CIG solicitamos unha revisión inmediata, de todos os vehículos por parte da empresa licitadora. Estes vehículos teñen garantía en vigor e débese axilizar esta revisión de forma inmediata, e corrixindo dunha vez por todas estes fallos críticos que poñen en risco a vida non so das traballadoras e traballadores senón do resto de conductoras/es.

En canto aos incidentes derivados de queimaduras a través do EPI actual, a CIG, remítise ao acordado no subcomité de EPIS, volvendo a reflectir, que este asunto é un problema complexo con múltiples variables, pero que todas parecen pivotar sobre a limitación da capacidade de disipación de calor, fundamentalmente derivado ao noso parecer dun patrón moi axustado. Segundo a normativa, estes deben ter unha conformación folgada dos EPIS, sobre todo nas mangas, e retirar os reflectores do antebrazo. Ademais, como xa indicamos no subcomité de EPIS, débese evolucionar nos seguintes pregos de condicións para ter EPIS con máis resistencia térmica, pero sin perder a súa capacidade de transpirabilidade e lixeireza.

Outras novas recentes

Venres, 09 Outubro 2026

Ampliación do prazo de elección de destino na especialidade de limpeza e cociña

No DOG do 09/10/2026 publican a RESOLUCIÓN do 7 de outubro de 2026 pola que se amplía o prazo para a elección de destino na agrupación profesional, escala de persoal de limpeza e recursos naturais e forestais, especialidade de limpeza e cociña, convocada pola Resolución do 24 de setembro de 2026 (Diario Oficial de Galiza número 186, do 30 de setembro). Amplían o prazo...
Mércores, 14 Outubro 2026

Lei de medidas 2027: negociación real ou pura farsa?

A documentación do anteproxecto da Lei de Medidas para 2027 chega o martes 13 ao mediodía, reunímonos o mércores 14 e o xoves 15 xa vai á Comisión de Persoal. A pesares de pedir adiamento por este motivo négase a mudar de data! Que negociación é esta? Unha farsa! Sen tempo para estudar, consultar co persoal nin presentar alegacións. Convocan mesas para cubrir o expediente...
Mércores, 14 Outubro 2026

A DXEP acumula atrasos, evita dar prazos e deixa sen resposta as demandas da CIG

A rolda aberta de intervencións da Mesa Xeral volveu evidenciar unha Administración instalada na demora e na falta de transparencia. A directora xeral de Emprego Público e Administración de Persoal (DXEP) confirma que haberá "repescas" en todos os procesos de estabilización e acceso libre, pero non pon datas; non responde ante o caos no Consorcio e alega descoñecer a...