Novas por contido

A CIG convídache a asistir ás asembleas  o 24 de setembro en Lugo e Ferrol, o 29 de setembro na Coruña, Monforte e Burela, e o 2 de outubro en Compostela. Proximamente informarémosche das asembleas que estamos a preparar noutras localidades.

  • Incomunicación e denegación de dereitos
    • Falla de comunicación co persoal traballador: non se responde por teléfono nin correo electrónico ante cuestións vitais que afectan ao seu día a día laboral e persoal.
    • Permisos non xestionados: non contestan en tempo e forma e coas resolucións pertinentes aos permisos solicitados polo persoal. Decotío, non se emiten as resolucións que resolven as solicitudes e dánselles instrucións vía telefónica ás direccións dos centros con faltas de respecto, gritos e insultos.
    • Ameazas e coaccións: chámase por teléfono ás direccións dos centros con ameazas de expedientar ao persoal que exerza os seus dereitos ―cando o sentido do silencio é positivo―, e indicándolles que son as propias direccións as que teñen que denegar e trasladar a ameaza ao persoal.

Isto deriva nun clima laboral tenso e con risco para a saúde de todo o cadro de persoal, tanto ao que se lle indica que non pode exercer o seu dereito, como ao resto do persoal que ten que soportar a carga de traballo sen as coberturas precisas, e as direccións, que teñen que denegar os permisos por indicación telefónica e baixo a ameaza de expedientar ao persoal que exerza o seu dereito.

  • Deficiencias na xestión do persoal
    • Ausencias sen cobertura coa celeridade necesaria nas baixas por incapacidade temporal (IT), vacacións ou outros permisos, o que obriga a modificar os horarios do persoal dispoñíbel de forma sistemática, alterando gravemente as condicións laborais.
    • Mala xestión das listas de substitucións, que continúan coa falla de transparencia e o incumprimento das súas propias normas internas.
    • Incumprimento da Lei de prevención de riscos laborais (LPRL): non se atenden as solicitudes de medidas para cumprir coa Lei en materia de calor extrema, afectándolle ao persoal e ás persoas usuarias vulnerábeis (crianzas e persoas maiores) en centros sen a climatización axeitada.
    • Falla de comunicación ao non informaren ás persoas representantes das traballadoras e traballadores ―tal e como é preceptivo― sobre os cambios de quendas, modificacións horarias ou movementos do persoal.
    • Atrasos xeneralizados en todos os procedementos de xestión, como foi a elaboración da RPT, pendente dende 2007.
    • Caos documental coa falla de control na custodia da documentación, ocasionando, inclusive, a desaparición de expedientes do persoal.
    • Erros e demoras en trámites coa Seguridade Social, que son recorrentes nas altas e baixas da contratación do persoal, e afectan a períodos de cotización e a prestacións.
    • Falla de execución das sentenzas xudiciais, ou interpretación restritiva, sobre todo no referido a pagamentos.
  • Impacto na saúde e condicións laborais
    • Situacións de riscos psicosociais que afectan ao persoal por mor do trato ás persoas usuarias: calidade ínfima dos alimentos nos comedores, racións limitadas, etc. Tamén se encomendan funcións doutras categorías ao resto do persoal―non só puntualmente, senón como tarefas diarias― por vía telefónica e con ameazas, cando hai adaptacións de posto por saúde en categorías infradotadas de persoal.
    • Ineficacia da xestión de recursos humanos nos Servizos Centrais, que levou ao colapso, ignorando as advertencias de aumentar o cadro de persoal, que traballa baixo unha presión insoportábel e sen os recursos necesarios.
    • Retirada de tempos para a programación, que infúe negativamente na saúde das traballadoras, ademais de na calidade da prestación do servizo, porque están obrigadas legalmente a facer os traballos de titorías, programación e avaliación.

Asembleas en Lugo, Ferrol, A Coruña, Monforte, Burela e Compostela (en preparación noutras localidades)

Animámosche a acudir ás nosas asembleas  para decidir que medidas a adoptar ante esta situación!

              

Outras novas recentes

Venres, 12 Xuño 2026

Xuntanza coa SXT de Medio Rural (10/06/2026)

Cobertura de prazas SPIF Din que a día de hoxe a cobertura no servizo e superior ao 90% e que rematarán de cubrir os postos mediante chamamentos que sairán previsiblemente esta semana. Respondemos que sempre imos tarde co tema da cobertura xa que non se trata de ter o dispositivo ao completo en xullo-agosto-setembro, este ano xa tivemos o primeiro GIF en abril, moito antes...
Xoves, 11 Xuño 2026

Persoal de secretaría dos centros de ensino. Acordo PND xa!

O persoal auxiliar e administrativo dos centros de ensino continúa a sufrir unha situación de infravaloración e abuso organizativo que resulta inadmisíbel. A pesar da percepción errónea de que se trata de “persoal de mesa e ordenador”, a realidade evidencia que non está exento de soportar decisións arbitrarias por parte dalgunhas direccións, que non comprenden —ou non...
Xoves, 11 Xuño 2026

Modificación da RPT de Medio Rural

A Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Medio Rural vén de presentarnos unha modificación da RPT da Consellería de Medio Rural. As propostas que inclúe son: A creación de 15 postos de axentes UDEX (Unidade de Directores/as de extinción), dos cales un sería de axente coordinador/a autonómico e dous postos de axentes coordinadores/as. A inclusión de 6 postos de persoal...